Este venres 1 de marzo antes de cada unha das proxeccións de "Marieke" visionarase unha montaxe audiovisual, con fotos do Colectivo Violeta, de Ourense, no que participan varias mulleres fotógrafas, e con texto dunha poeta, Belén de Andrade. Dura 22 minutos e ámbalas proxeccións contarán cunha breve presentación . A actividade enmárcase dentro dun conxunto de actividades para celebrar o día da muller traballadora, que é o día 8.
5€ para traballadores auditorio municipal de carballiño
SINOPSE
Marieke é unha rapaza de 20 anos que busca nos brazos dos homes maiores a figura dun pai que morreu prematuramente e en estrañas circunstancias. Vive coa súa nai, unha muller que non sabe como amar, fría e distante dende a morte do marido.
Durante o día, Marieke traballa nunha fábrica de chocolate; pola noite ten aventuras con homes maiores. Nos seus brazos atopa momentos curtos e a memoria do seu pai desaparecido.
A chegada de Jacoby, un editor de libros na busca do derradeiro manuscrito de seu pai, trastorna o precario equilibrio da rapaza.
FICHA
Dirección: Sophie Schoukens
Guión: Sophie Schoukens
Producción: Jan Roekens, Sophie Schoukens, Thanassis Karathanos e Karl Baumgartne
Dirección de Fotografía: Alain Marcoen
Deseño de Producción: Tomas Král
Montaxe: Peter Woditsch
Música: Jef Mercelis
TECNICA
Título orixinal: Marieke, Marieke
Duración: 85’
Ano: 2010
País: Bélxica-Alemania
Idioma: VOSE
FICHA ARTÍSTICA
Hande Kodja
Jan Decleir
Barbara Sarafian
Caroline Berliner
Pauline Haughness
Philippe van Kessel
Bernard Graczyk
Michel Israel
Karim Barras
A directora, Sophie Schoukens (Bruselas, Bélxica)
Sophie Schoukens estudiou Historia e ten un Máster en Ciencias da Comunicación e Cine. Comezou a súa carreira coma actriz en Nova York, asistindo ao mesmo tempo as clases de guión de Frank Daniel, en Columbia. Tras retornar a Europa traballa durante 5 anos no Programa MEDIA da Comisión Europea, chegando a ser a súa encargada.
En 2007 abandona o programa para converterse en directora. Xa rodara unha curtametraxe en 2005, Aliceo la vida en blanco y negro, coa que gañara diversos premios en festivais inbternacionais.
Marieke é o seu debut no mundo das longametraxes, conseguindo ser seleccionada para a sección oficial do Festival de San Sebastián.
Críticas
“Conmovedora e poderosa… chea de sorpresas que te levan a ver as cousas dunha maneira completamente diferente” (Carine Adler)
“Unha película fermosa e unha marabillosa actriz” (Dorein van de Pas)
“A pesar da súa dureza, este film non deixa de transmitir certa poesía” (Nuria Vidal, Fotogramas)
F<!--[endif]-->E a próxima semana: Tabú (Miguel Gomes, 2012)
Non está estreada nin distribuida en España, polo que non hai ten calificación de idades.
2012
Dirixida por Arno Dierickx Reparto: Erik van Heijningen, Matthijs van de Sande Bakhuvzen, Derk Stenvers, Sander van Amsterdam
Duración: 90' Tráiler non dispoñible en español nin en VOSE
Sinopse: É un caluroso verán. Simon (Erik van Heijningen) de 16 anos, pasa os seus días cos irmáns inmensamente ricos: Arnout (Matthijs van de Sande Bakhuyzen) e Victor van Riebeeck (Derk Stenvers) na súa luxosa residencia. Os xoves entreteñense xogando ó tenis, escoitando música e andando con a fermosa moza de Arnout, Frederique. Mentras tanto, no ático da mansión, manteñen ó seu amigo Ronnie escondido.
Ronnie é un criminal menor que está fuxindo da policía e, por isto, os xoves ofrécenlle un refuxio sen que os seus pais nin o persoal da mansión se dean de conta de nada, ata que Ronnie se volve unha carga e comeza a chantaxealos.
O VENRES 29 NON HAI PROXECCIÓNS POR MOR DA SEMANA SANTA.
Antes das proxeccións de "Todo es Silencio" das 20:00 e 23:00 deste venres 22 de febreiro teredes a ocasión de ver a curtametraxe Estrazarte . Ten unha duración de 20 minutos
5€ para traballadores auditorio municipal de carballiño
SINOPSE
Anos 70. En Noitía, un pobo da costa atlántica galega,
viven Fins e Brinco, dous adolescentes que manteñen unha rivalidade amistosa no
medio da que se topa Leda, unha rapaza algo maior que eles.
Leda elixe a Fins, pero a súa
relación rómpese bruscamente cando éste se vai do pobo trala morte do seu pai.
Cando vinte anos despois Fins
volve convertido en policía comproba que todo mudou en Noitía: o tradicional
contrabando de tabaco converteuse en narcotráfico baixo o control do cacique
local, que ten a Brinco como man dereita, e Leda ten un fillo do propio Brinco.
Fins
someteraos a unha vixilancia na que se mesturarán o deber coas antigos
sentimentos.
FICHA
Dirección: José Luis Cuerda
Guión: Manuel Rivas, segundo a súa novela
Producción: Gerardo Herrero e Antonio Saura
Dirección de Fotografía: Hans Burmann
Deseño de Producción: Félix Murcia
Montaxe: Nacho Ruiz Capillas
Música: Sergio Moure
TÉCNICA
Título orixinal: Todo es silencio
Duración: 116’
Ano: 2012
País: España
Idioma: Español
FICHA ARTÍSTICA
Quim
Gutiérrez
Miguel Ángel Silvestre
Celia
Freijeiro
Juan
Diego
Carolina Cao
Chete
Lera
Axel
Fernández
Xoque
Carvajal
Sergio
González
O director, José
Luis Cuerda (Albacete, España, 1947)
Comeza a
estudar Dereito, pero déixao
despois de tres anos e convértese en técnico de radiodifusión e televisión. En1969 entra
a traballar en Televisión Española, realizando reportaxes e documentais para os
servicios informativos (durante cinco anos realiza mais de 500). Entre 1985 y 1987 traballa
como profesor na facultade de Bellas Artes da Universidade de Salamanca.
Despois de diversas curtametraxes en 1982 dirixe
a súa primeira longametraxe, Pares y nones, coa que cultiva a chamada
"comedia madrileña".
Tamén destaca no rol de produtor cinematográfico, facendo este traballo
en varios dos seus filmes e en tres películas de Alejandro Amenábar (Tesis,Abre los ojose Los otros); ademais
de ser o guionista da maioría das súas produccións tras as cámaras.
CRÍTICAS
“O realismo
poético devén en thriller resolto de maneira eficaz” (Sergio F. Pinilla, Cinemanía)
“É tanto unha película sobre os negocios do contrabando en dúas épocas
distintas, (…) coma una drama sobre unhas relacións do pasado que se evaporan
na distancia e son imposibles de recuperar no presente” (Quim Casas, Dirigido
por…)
5€ para traballadores auditorio municipal de carballiño
SINOPSE
Unha muller secuestrada polas
FARC da a luz un neno no medio da selva colombiana. No momento do parto, a
guerrilla arrebátalle o neno e entrégallo a Crisanto, un modesto agricultor que
sobrevive na xungla coa súa muller, cinco fillos e un sogro curandeiro. Deberá
facerse cargo do neno, baixo ameaza de morte.
O pequeno está gravemente
enfermo, pero Crisanto e os seus están dispostos a todo por salvalo.
FICHA
Dirección: Miguel Courtois
Guión: Antonio Onetti
Producción: Cristina Zumárraga, Marisa Castelo, Farruco
Castromán, Luis Tosar e Ariel Zeïtoun
Dirección de Fotografía: Josu Incháustegui
Deseño de Producción: Gonzalo Martínez
Montaxe: Jean-Paul Husson
Música: Thierry Westermeyer
TECNICA
Título orixinal: Operación E
Duración: 108’
Ano: 2012
País: España-Francia
Idioma: Español
FICHA ARTÍSTICA
Luis
Tosar
Martina García
Gilberto
Ramírez
O director, Miguel Courtois (París,
Francia, 1960)
Miguel Courtois-Paternina nace en París en 1960, de pai francés e nai española. Foi primeiro profesor de filosofía, pero en 1982 empeza coma fotógrafo de
moda e chega a ser un gran reporteiro para a axencia de prensa Sygma.
Comeza a súa carreira como director coa estrea de Un reportero bajo sospecha (1988). Dende entón, traballa para o
cine e a televisión francesa realizando e creando numerosas películas e series
como La Crim'(1999) e Le Lycée (2000), que recibirá o premio de mellor serie no Festival de
Saint-Tropez .
Dirixe a súa primeira longametraxe española, El Lobo, en 2004, protagonizada por Eduardo Noriega e Patrick Bruel . Recibiu dous Goya e numerosos outros premios internacionais.
“Cun Tosar
noutro dos seus espectaculares traballos de composición, a película decide non
formular a pregunta de si quere ser ou non un película política” (Jordi
Costa, El País)
“Con excelente ritmo, suspense e rigorosa análise periodística, este
documento desclasificado (…) non decae en ningún momento” (Fausto Fernández, Fotogramas)
“Luis Tosar borda un personaxe difícil (…) e arrástrao ata un nivel que
resulta no só verosímil senón por momentos emocionante” (Carlos Marañón,
Cinemanía)
Antes das proxeccións de GRUPO 7 das 20:00 e 23:00 deste venres 8 de febreiro teredes a ocasión de ver a curtametraxe Friendsheep. É unha curtametraxe realizada na súa totalidade polos alumnos de PrimerFrame (http://www.primerframe.com), promoción de marzo de 2010.
Os creadores desta curtametraxe son: Enrique F. Brull -- Rigging Manuel Perez -- Efectos Especiales Antonio Lasala -- Supervisor de Iluminacion y 3DFX Juan De Dios Molina -- Rigging Julián Antonio Lucas -- Animación / Diseño y Modelado de Personajes Olga Agudo -- Iluminación / PostProducción Antonio Alvarez -- Iluminación / Composición Adolfo Aliaga -- Animación Jose Manuel Moralo -- Animación Samuel Rebull -- Animación Carolina Martorell -- Modelado / Texturizado de Personajes Laura Righetti -- Animación / Producción Lorenzo Manuel -- Edición / Iluminación Joan Gomar -- Animación Katixa Pons -- Animación Andrea Varriale -- Animación / Iluminación Jordi Alonso -- Animación / Modelado - Jaime Maestro -- Director Carlos Escutia -- Productor Ejecutivo Ana Amat - Supervisora de Iluminación Eduardo Olidén - Supervisor de Animación Rubén Soler -- Coordinador de guión
5€ para traballadores auditorio municipal de carballiño
SINOPSE
Ángel, un rapaz intelixente e
bondadoso, aspira a ser inspector de policía.
Rafael, porén, é un policía
expeditivo, contundente e arrogante.
Xunto
con Miguel e Mateo forman o Grupo 7, un conxunto de policías sen escrúpulos,
dispostos a todo con tal de lograr os seus obxectivos; a súa forma de operar:
violencia, coacción, mentiras… todo vale.
FICHA
Dirección: Alberto Rodríguez
Guión: Rafael Cobos
Producción: José Antonio Félez e Gervasio Iglesias
Dirección de Fotografía: Álex Catalán
Deseño de Producción: Pepe Domínguez
Montaxe: José M. G. Moyano
Música: Julio de la Rosa
TECNICA
Título orixinal: Grupo 7
Duración: 95’
Ano: 2012
País: España
Idioma: Español
FICHA ARTÍSTICA
Antonio
de la Torre
Mario Casas
Inma
Cuesta
José
Manuel Poga
Joaquín Núñez
Julián
Villagrán
Estefanía
de los Santos
Alfonso
Sánchez
O director,
Alberto Rodríguez (Sevilla, España, 1971)
Tras codirixir xunto a Santi Amodeo El Factor Pilgrim (2002), Alberto
Rodríguez participou no Festival de Berlín coa súa primeira longametraxe en
solitario: El Traje (2002).
Con 7 Vírgenes (2005),
consolidouse coma un dos novos directores mais interesantes do panorama
español. Participou e gañou no Festival
de Cine de San Sebastián, onde acadou a
Concha de Plata e o éxito confirmábase con seis nominacións nos premios Goya,
incluíndo Mellor Director e Mellor Guión
Orixinal. Tamén conseguiu o prestixioso premio La Navaja de Buñuel e participou
non só nos festivais españois mais relevantes, senón tamén en recoñecidos festivais
internacionais coma o Festival Internacional de Cine de Toronto.
CRÍTICAS
“O director
manexa con gran precisión a característica diferencial do xénero: a ambigua e
difusa fronteira que soe separar o ben do mal” (Lluis Bonet Mojica, La Vanguardia)
“Rodríguez consegue saír airoso grazas a unha sólida descrición de
ambientes e personaxes marxinais, ademais dun toque crítico cara a institución
moito mais áspero do habitual” (M. Torreiro, Fotogramas)
“Unha das mellores películas españolas que vin en moito tempo” (Carlos Boyero,
El Pais)
Programación de maio e xuño de 2024
-
Sesións de filmoteca Sesións de ciclo dos mércores Sesións especiais [+] Sesión
vermú Primavera musical IX Ciclo Colexio de médicos Amal en ruta
Case a pi...
Larga ausencia...
-
*Un servidor es plenamente consciente de la ingente cantidad de tiempo que
hace que no se digna a actualizar este humilde blog... Ahora bien, siempre
digo ...
-
Mois boas!! Rematamaos a tempada cun programa dobre..por iso ides ver ao
final moitos mais cortes do habitual, jeje: son dous progrmas especias,
adicados a...