GRUPO 7
(nrm 12 anos)VENRES 8 de FEBREIRO de 2013
20:00 e 23:00
2,5€ estudantes/parados/xubilados
5€ para traballadores
auditorio municipal de carballiño
auditorio municipal de carballiño
SINOPSE
Ángel, un rapaz intelixente e
bondadoso, aspira a ser inspector de policía.
Rafael, porén, é un policía
expeditivo, contundente e arrogante.
Xunto
con Miguel e Mateo forman o Grupo 7, un conxunto de policías sen escrúpulos,
dispostos a todo con tal de lograr os seus obxectivos; a súa forma de operar:
violencia, coacción, mentiras… todo vale.
FICHA
Dirección: Alberto Rodríguez
Guión: Rafael Cobos
Producción: José Antonio Félez e Gervasio Iglesias
Dirección de Fotografía: Álex Catalán
Deseño de Producción: Pepe Domínguez
Montaxe: José M. G. Moyano
Música: Julio de la Rosa
|
TECNICA
Título orixinal: Grupo 7
Duración: 95’
Ano: 2012
País: España
Idioma: Español
|
FICHA ARTÍSTICA
Antonio
de la Torre
Mario Casas
Inma
Cuesta
José
Manuel Poga
Joaquín Núñez
Julián
Villagrán
Estefanía
de los Santos
Alfonso
Sánchez
|
O director,
Alberto Rodríguez (Sevilla, España, 1971)
Tras codirixir xunto a Santi Amodeo El Factor Pilgrim (2002), Alberto
Rodríguez participou no Festival de Berlín coa súa primeira longametraxe en
solitario: El Traje (2002).
Con 7 Vírgenes (2005),
consolidouse coma un dos novos directores mais interesantes do panorama
español. Participou e gañou no Festival
de Cine de San Sebastián, onde acadou a
Concha de Plata e o éxito confirmábase con seis nominacións nos premios Goya,
incluíndo Mellor Director e Mellor Guión
Orixinal. Tamén conseguiu o prestixioso premio La Navaja de Buñuel e participou
non só nos festivais españois mais relevantes, senón tamén en recoñecidos festivais
internacionais coma o Festival Internacional de Cine de Toronto.
CRÍTICAS
“O director
manexa con gran precisión a característica diferencial do xénero: a ambigua e
difusa fronteira que soe separar o ben do mal” (Lluis Bonet Mojica, La Vanguardia)
“Rodríguez consegue saír airoso grazas a unha sólida descrición de
ambientes e personaxes marxinais, ademais dun toque crítico cara a institución
moito mais áspero do habitual” (M. Torreiro, Fotogramas)
“Unha das mellores películas españolas que vin en moito tempo” (Carlos Boyero,
El Pais)
E para a semana OPERACIÓN E
No hay comentarios:
Publicar un comentario