jueves, 27 de marzo de 2014

VENRES 28: DE TAL PADRE, TAL HIJO

DE TAL PADRE, TAL HIJO


NON RECOMENDADA PARA MENORES DE 7 ANOS 

120 MINUTOS

  VENRES 28 DE MARZO

  2O:00 horas E 23:00 horas


BONO MENSUAL: 5€ ESTUDANTES/ PARADOS/XUBILADOS OU 10€ TRABALLADORES
 ENTRADA INDIVIDUAL: 2,5€ ESTUDANTES/PARADOS/XUBILADOS E 5€ TRABALLADORES
BONO DE 5 PELICULAS: 10€ ESTUDANTES/PARADOS/XUBILADOS E 20€ TRABALLADORES

AUDITORIO MUNICIPAL DE O CARBALLIÑO
SINOPSE

Ryoata, un arquitecto obsesionado polo éxito profesional, vive felizmente  coa súa esposa e o seu fillo de seis anos. Pero o seu mundo vense abaixo cando os responsables do hospital onde naceu o seu fillo lle comunican que, debido a unha confusión, o neno foi cambiado por outro.
 

 

 

Galardóns/Nominacións

Festival de Cannes: Premio do Xurado 
Festival de San Sebastián: Premio do Público

 





CRÍTICAS REVISTAS

REPARTO ARTÍSTICO 
(Click no nome da actriz/actor para máis info)
Masaharu Fukuyama, Yôko Maki, Jun Kunimura, Machiko Ono, Lily Franky
 

FICHA TÉCNICA

 

Director: Hirokazu Koreeda (AKA Hirokazu Kore-eda)

Guión: Hirokazu Koreeda (AKA Hirokazu Kore-eda)

Fotografía: Mikiya Takimoto


O DIRECTOR

Hirokazu Koreeda (AKA Hirokazu Kore-eda)

(Tokyo, Xapón, 1962)
 
En principio atraído pola literatura, tras licenciarse na Universidade de Waseda en 1987, foi asistente de dirección de documentais para TV Man Union. Debutou precisamente dirixindo o documental Lessons from a Calf (1991), ó que seguiron outros ata que realiza a súa primeira longametraxe Maboroshi no hikari (1995).

Distance (2001) ou Nadie sabe (2004) son outras das súas películas, ata que salta á fama internacional con Milagro (2011), coa que obtén varios premios a nivel internacional, entre eles o de Mellor Guión no Festival de cine de San Sebastián.
 

miércoles, 19 de marzo de 2014

Venres 21: La Gran Belleza

LA GRAN BELLEZA


NON RECOMENDADA PARA MENORES DE 12 ANOS 
142 MINUTOS

  VENRES 21 DE MARZO

  2O:00 horas E 23:00 horas

BONO MENSUAL: 5€ ESTUDANTES/ PARADOS/XUBILADOS OU 10€ TRABALLADORES 
 ENTRADA INDIVIDUAL: 2,5€ ESTUDANTES/PARADOS/XUBILADOS E 5€ TRABALLADORES
BONO DE 5 PELICULAS: 10€ ESTUDANTES/PARADOS/XUBILADOS E 20€ TRABALLADORES

AUDITORIO MUNICIPAL DE O CARBALLIÑO


                                 SINOPSE
 

En Roma, durante o verán, nobres decadentes, arribistas, políticos. Criminais de altos voos, actores, prelados, artistas e intelectuais tellen unha trama de relacións inconsistentes que se desenvolven en fastuosos palacios e villas.
O centro de tódalas reunións é Jep Gambardella, un escritor de 65 anos que escribiu un só libro e practica o periodismo. Dominado pola indolencia e o hastío, asiste a este desfile de personaxes poderosos pero insustanciais, ocos e deprimentes.

Galardóns/Nominacións

Oscars: Mellor película de fala non inglesa
Globos de Oro: Mellor película de fala non inglesa
Premios BAFTA: Mellor película de fala non inglesa
Premios del Cine Europeo: Incluindo Mellor película e mellor director

FICHA TÉCNICA

 

Director:Paolo Sorrentino 

Guión: Paolo Sorrentino, Umberto Contarello 

Fotografía: Luca Bigazzi 

Música: Lele Marchitelli

 

O DIRECTOR

Paolo Sorrentino

(Nápoles, Italia, 1970)

Guionista e director italiano, debuta escribindo o guión de Polvere di Napoli (1998), e dirixindo varias curtametraxes. Realiza o seu debut nas longametraxes con L’uomo in piú (2001).
Pero o seu recoñecemento a nivel internacional chega con Las consecuencias del amor (2004), un thriller co que obtén múltiples nominacións, incluso a nominación á Palma de Oro en Cannes.
Obtén o Premio do Xurado en Cannes con Il Divo (2008), biopic do político italiano Giulio Andreotti.
Un lugar donde quedarse (2011) foi o seu debut nunha película rodada en inglés.

viernes, 14 de marzo de 2014

SÁBADO 15 e DOMINGO 16: EPIC

EPIC


RECOMENDADA PARA TODOS LOS PÚBLICOS  
102 MINUTOS

  SÁBADO 15 E DOMINGO 16 DE MARZO

  18:00 horas

ENTRADA A 3€ PARA TODOS OS PÚBLICOS
AUDITORIO MUNICIPAL DE O CARBALLIÑO


                                 SINOPSE

Mary Katherine é unha adolescente que intenta reanudar a relación co seu pai, o Profesor Bomba, un científico coa obsesión de descubrir unha diminuta sociedade secreta que habita no bosque. Esta idea parécelle moi disparatada á súa filla, ata que inesperadamente é transportada a ese universo secreto, onde se está a librar unha batalla entre os Homes Folla e os Boggans.






Galardóns/Nominacións

Premios Annie: 5 nominacións, incluindo Mejor dirección
Satellite Awards: Nominada a Mellor película de animación


REPARTO DOBRAXE
 (Click na páxina web para coñecer os dobradores)
 http://www.eldoblaje.com/datos/FichaPelicula.asp?id=38950
  
FICHA TÉCNICA
Director: Chris Buck / Jennifer Lee
Guión:
Jennifer Lee (Novela: Hans Christian Andersen)
Música:
Christophe Beck

martes, 11 de marzo de 2014

VENRES 14: Curtametraxe

CURTAMETRAXE

A ESCOLA NOS ANOS 30. LEMBRANZAS DE LUÍS PADRÓN

Xunto coa emisión do documental Las Maestras de la República tamén proxectamos a seguinte curtametraxe.

ARGUMENTO 

Cóntasenos as clases particulares que o xornalista Luis Padrón recibiu no Carballiño, seguido das vivencias no Calvo Sotelo e a posterior aprendizaxe nos xesuítas de Valladolid. Na entrevista, Luis Padrón relata ademais o paso da República ó Franquismo e a forma na que iso se materializou na escola con rituais coma os rezos.

GALARDÓNS

I Concurso de Historia de la Escuela en Galicia: Mellor Reportaxe Multimedia Universidade

 

REALIZACIÓN

Alba López Cabo, Elena González González, Mª José González Diz, 

Beatriz Gómez Toucedo e María Miguélez Vila

VENRES 14: Las Maestras de la República

LAS MAESTRAS DE LA REPÚBLICA

RECOMENDADA PARA TODOS LOS PÚBLICOS  


65 MINUTOS


 VENRES  14 DE MARZO

 

 20:00 horas - 23:00 horas

 

 

BONO MENSUAL: 5€ ESTUDANTES/ PARADOS/XUBILADOS OU 10€ TRABALLADORES 
 ENTRADA INDIVIDUAL: 2,5€ ESTUDANTES/PARADOS/XUBILADOS E 5€ TRABALLADORES
BONO DE 5 PELICULAS: 10€ ESTUDANTES/PARADOS/XUBILADOS E 20€ TRABALLADORES

AUDITORIO MUNICIPAL DE O CARBALLIÑO


                              SINOPSE

As mestras da República foron  unhas mulleres que participaron na conquista dos dereitos das mulleres e na modernización da educación, baseada nos principios da escola pública e democrática.
Este documental, a través da recreación da vida dunha mestra da época, e imaxes de arquivo inéditas, descóbrenos o legado que nos deixaron as mestras republicanas e que chegou ata os nosos días.

 

Galardóns/Nominacións

Premios Goya 2014: Mellor documental



CRÍTICAS INTERNET
 

CRÍTICAS ESPECTADORES


REPARTO ARTÍSTICO (Click no nome da actriz/actor para máis info)
Documentary, Laura de Pedro, Marta Barriuso

 

FICHA TÉCNICA

 

Directora: Pilar Pérez Solano

Guión: Pilar Pérezo Solano ( Textos de Josefina Aldecoa)

Fotografía: Isabel Ruíz

Música: Carlos Salas

 

A DIRECTORA

Pilar Pérez Solano

(Alicante, España)

Naceu en Alicante, España. Trasladouse a Madrid para estudar Imaxe e Son na Facultade de Ciencias da Información na Universidade Complutense. Tras uns anos traballando en produción de cine e longametraxes e curtametraxes, en 1993 incorporouse ao equipo de produción de Canal+.
Produciu títulos como “Lisboa, Faca no Coraçao”, premiado no Festival de Nova York, ou “Poeta en Nueva York”, que foi nominado aos Premios Emmy.
No ano 2000 incorpórase ao equipo de Produce+ levando a cabo producións coas principais produtoras españolas. Algúns dos títulos son “Dalí, Maestro de Sueños”, “Picasso y sus Mujeres” (Planeta), “Chavela Vargas”(Morena Films), ou “50 Años esperando a Mr. Marshall”. A partir do ano 2003 inicia tamén a súa carreira como directora.  Dirixiu documentais como “Universo Hip Hop”, “Presidentes de Película”,  “La Fama y su Séquito”, ou “MURALES”.

 

jueves, 6 de marzo de 2014

PROGRAMACIÓN MARZO 2014

PROGRAMACIÓN MARZO 2014


Coma pretendemos convertir en costume, esta é a entrada coa información de tódalas pelis do mes e dos bonos que tedes á vosa disposición. Se es novo por estes lares comentarche que prácticamente tódolos venres de cada mes, a excepción dalgún no que o Auditorio pode estar ocupado con outra actividade desde finais de setembro a finais de xuño proxectamos unha película. Para poder ver ditos filmes hai varias maneiras que procedemos a describir. Ti podes escoller a que máis che conveña:
  • Pagamento de unha sóa cuota anual por 60€ coa cal tes dereito a tódalas* películas que botemos durante a tempada. Isto compénsalle tan só os traballadores. Este tipo de bono é intransferible.
  • Pagamento de unha cuota mensual de 5€ se es estudante (E), parado (P) ou xubilado (X) ou 10€ se es traballador (T). Así terás dereito ao visionado de tódalas* películas que proxectemos ese mes. Este tipo de bono é intransferible.
  • Pagamento de unha única entrada por 2,5€ para E,P ou X ou por 5€ para T.
  • NOVIDADE!!! Este ano incluímos a posibilidade de poder mercar bonos de películas, isto é que podes mercar un bono de catro películas xuntas (a usar nos filmes que desexes) e agasallámoste cunha quinta película totalmente de balde! O custo destes bonos son de 10€ para E,P ou X ou 20€ para T.* Este bono é completamente transferible e incluso o podedes mercar entre varios e así aforrar. Por exemplo, un grupo de 5 amigos pode mercar un bono e gastalo no mesmo filme ou unha persoa o pode mercar e regalarllo a outra.
* O bono non inclue peliculas que se proxecten dentro de algún posible ciclo de varios días.
 As películas deste mes de Xaneiro son as seguintes.
La Herida (Venres 7) 
Mestras da Repúbilica (Venres 14)
La Gran Belleza (Venres 21)
  Tal Padre, Tal Hijo (Venres 28)

 

LA HERIDA (Venres 7)


Ana é unha muller de 28 anos que se sinte útil e satisfeita no seu traballo rutinario axudando a outros.
Porén, fóra da súa xornada laboral, Ana ten serios problemas para relacionarse, pois é socialmente torpe,
incluso agresiva, coas persoas máis próximas e queridas.
Sen sabelo, padece o que os especialistas chaman Trastorno Límite de Personalidade, ou síndrome borderline, que fai que non teña control sobre o seu comportamento nin sobre as súas emocións.
Ela non o sabe, só querería estar ben consigo mesma e cos demais, ser feliz. Pero a súa conduta autodestrutiva e autolesiva non fai senón illala máis.

 



As Mestras da República foron unhas mulleres valentes e comprometidas que participaron na conquista dos dereitos das mulleres e na modernización da educación, basada nos principios da escola pública e democrática.
Este documental, a través da recreacion dunha mestra da época, e imaxes de arquivo inéditas, descubrenos o maravilloso legado que nos deixaron as mestras republicanas e que pervivie na actualidade.
Articulado en base a testimonios de investigadores familiares, imos coñecer o moment histórico que viviron estas docentes e a súa participación na transformación social do noso país a través da educación.




LA GRAN BELLEZA (VENRES 21)


En Roma, no transcurso do verán, nobres decadentes, arribistas, políticos, criminais de clase alta, periodistas, actores, prelados, artistas e intelectuais. texen unha trama de inconsistentes relacións que se desenrolan en fastuosos palacios e vilas. O centro de todas as reunións é Jep Gambardella (Tony Servillo), un escritor de 65 anos que escribiu un só libro e que practica o peridodismo. Dominado pola indecencia, asiste a este desfile de persoeiros poderosos pero insustanciais, ocos e deprimentes.






Ryoata, un arquitecto obsesionado polo éxito profesional, vive felizmente coa  súa esposa e o seu fillo de seis anos; pero o seu mundo vense abaixo cando os responsables do hosptial onde naceu o seu fillo lle comunican que, por mor dunha confusión, o seu fillo fora cambiado por outro.

miércoles, 5 de marzo de 2014

VENRES 7: LA HERIDA

LA HERIDA


NO RECOMENDADA PARA MENORES DE 16 ANOS   
95 MINUTOS

 VENRES 7  DE MARZO

 20:00 horas - 23:00 horas

BONO MENSUAL: 5€ ESTUDANTES/ PARADOS/XUBILADOS OU 10€ TRABALLADORES 
 ENTRADA INDIVIDUAL: 2,5€ ESTUDANTES/PARADOS/XUBILADOS E 5€ TRABALLADORES
BONO DE 5 PELICULAS: 10€ ESTUDANTES/PARADOS/XUBILADOS E 20€ TRABALLADORES

AUDITORIO MUNICIPAL DE O CARBALLIÑO


                              SINOPSE

 

Ana é unha muller de 28 anos que se sinte útil e satisfeita no seu traballo rutinario axudando a outros.
Porén, fóra da súa xornada laboral, Ana ten serios problemas para relacionarse, pois é socialmente torpe,
incluso agresiva, coas persoas máis próximas e queridas.
Sen sabelo, padece o que os especialistas chaman Trastorno Límite de Personalidade, ou síndrome borderline, que fai que non teña control sobre o seu comportamento nin sobre as súas emocións.
Ela non o sabe, só querería estar ben consigo mesma e cos demais, ser feliz. Pero a súa conduta autodestrutiva e autolesiva non fai senón illala máis.

 

 

 

Galardóns/Nominacións

Premios Goya 2014: Mellor actriz e Director Novel
Festival de San Sebastián: Premio Especial do Xurado e Mellor actriz

 


CRÍTICAS INTERNET
 





 

CRÍTICAS ESPECTADORES





 


REPARTO ARTÍSTICO
(Click no nome da actriz/actor para máis info)

 
Marian Álvarez, Rosana Pastor, Manolo Solo, Ramón Barea
Andrés Gertrudix, Luis Callejo, Ramón Agirre

FICHA TÉCNICA

 


Director:Fernando Franco


Guión: Fernando Franco, Enric Rufas


Fotografía: Santiago Racaj

Música: Ibon Aguirre, Ibon Rodríguez


O DIRECTOR

Fernando Franco

(Sevilla, España, 1976)
En 2001 comeza a traballar como montador de longametraxes. Dende entón, editou preto de vinte títulos, entre eles: No tengas miedo, de Montxo Armendáriz; Alacrán enamorado de Santiago Zannou; Bon Appétit, de David Pinillos ou Blancanieves, de Pablo Berger, pola que obtivo a Medalla do Círculo de Escritores Cinematográficos ao Mellor Montaxe, así como a nominación ao Goya e aos  premios Gaudí.
En paralelo, dende 2007, foi desenvolvendo os seus propios proxectos como director, xa fosen curtametraxes, videoclips ou pezas para museo. A súas curtametraxes tiveron unha notable carreira por festivais de todo el mundo, colleitando máis de medio centenar de premios Ven compaxinando estes traballos  coa labor docente como Xefe da especialidade de Montaxe na ECAM e colaboracións con outros centros como a EICTV de San Antonio de los Baños (Cuba) ou a Cátedra de Cine de Valladolid. 

 

Buscar neste blog

A miña lista de blogs

  • Cine de verán do 2017 - Na calor da noite...clásicos por barrios Cine no xardín do Museo Arqueolóxico de Ourense Cinema na praza Na habitual cita cinematográfica do verán, e das ...
    Hace 5 semanas
  • Larga ausencia... - *Un servidor es plenamente consciente de la ingente cantidad de tiempo que hace que no se digna a actualizar este humilde blog... Ahora bien, siempre digo ...
    Hace 2 años
  • - Mois boas!! Rematamaos a tempada cun programa dobre..por iso ides ver ao final moitos mais cortes do habitual, jeje: son dous progrmas especias, adicados a...
    Hace 4 años