lunes, 24 de diciembre de 2012

La Pequeña Venecia


LA PEQUEÑA VENECIA
venres 28 de decembro de 2012
20:00 e 23:00
2,5€ estudantes/parados/xubilados 
5€ para traballadores 
auditorio municipal de carballiño

SINOPSE
 Shun Li traballa nunha ateigada fábrica téxtil nas aforas de Roma. Sen previo aviso, obrígana a marchar a unha pequena aldea pesqueira situada na lagoa de Venecia para facerse cargo do pequeno bar do porto.
Alí coñece a Bepi, un pescador eslavo a quen os seus amigos alcuman “O Poeta”. A relación entre ambos, criticada por algúns, convértese nunha escapada poética da soidade, nun diálogo entre dúas culturas que, aínda que diferentes, non son tan distantes.

                                              
                                                                              FICHA
 Dirección: Andrea Segre
Guión: Marco Pettenello e Andrea Segre
Producción: Francesco Bonsembiante e Francesca Feder
Dirección de Fotografía: Luca Bigazzi
Deseño de Producción: Leonardo SCarpa
Montaxe: Sara Zavarise
Música: François Couturier

TECNICA

Título orixinal: Io sono Li
Duración: 100’
Ano: 2012
País: Italia
Idioma: Español
               
                FICHA  ARTÍSTICA
               
                Zhao Tao
                Rade Serbedzija
                Marco Paolini
                Roberto Citrán
                Giuseppe Battinson
               

Galardóns:
David de Donatello: Mellor Actriz (Zhao Tao)
Festival de Sevilla: Premio Eurimages

O director, Andrea Segre (Dolo, Venecia, Italia, 1976)
Director de películas e documentais para cine e televisión, tamén é un investigador en Socioloxía da Comunicación na Universidade de Bolonia. Durante mais de dez anos adicouse ao tema da inmigración, ademais de fundar a asociación ZaLab.
Entre os seus documentais destacan Marghera Canale Nord (2003), Dio era musicista (2004) e A Sud di Lampedusa (2006) todos presentes no Festival de Venecia.
Tras gañar varios premios a nivel internacional con Come un uomo sulla terra (2008) e Il sangue verde (2010), tamén na categoría de documentais, La pequeña Venecia é o seu debut no mundo do longametraxe.
Tras gañar varios premios a nivel internacional con Come un uomo sulla terra (2008) e Il sangue verde (2010), tamén na categoría de documentais, La pequeña Venecia é o seu debut no mundo do longametraxe.



O relato, sinxelo pero nunca simple, sen discursos, coa sutileza no diálogo da frase corta pero intensa, impón unha calma que contrasta co volcán de sentimentos. (Javier Ocaña, El País)
“Película feita con cariño e convicción (…) cunha boa labor interpretativa e ritmo narrativo” (Tomás Fernández Valentí, Dirigido por…)

F  E para o próximo venres: 
El ladrón de palabras.

martes, 18 de diciembre de 2012

O TEMPLO DA VERACRUZ DE ANTONIO PALACIOS

O TEMPLO DA VERACRUZ DE ANTONIO PALACIOS
VENRES 21 DE DECEMBRO ÁS 20:00 E 23:00 
ANTES DAS SESIÓNS DO FILME O APOSTOLO



SINOPSE
O proceso de conversión do formato 2D ao 3D concede realismo e movemento ás antigas fotografías. Un exercicio estimulante para relatar visualmente a construción do maxestoso Templo da Veracruz, unha das obras máis particulares do arquitecto Antonio Palacios.







1º Premio ao Mellor Documental no FAFE FILM FEST 2012

FICHA TÉCNICA
Ano: 2012,
 Duración: 9 min., 
Formato: DVD 
País: Galicia

Xénero: Animación  
Realización: Anxo Santomil
Animación: Anxo Santomil
Música: Roger Subirana


ADEMAIS, CONTAREMOS COA PRESENZA INESTIMABLE DE ANXO SANTOMIL E RAFAEL OTERO, NETO DOS CANTEIROS DA VERACRUZ, A FAMILIA OTERO

lunes, 17 de diciembre de 2012

O APÓSTOLO


O APÓSTOLO
http://www.oapostolo.com/
venres 21 de decembro de 2012
18:00 20:00 e 23:00
2,5€ estudantes/parados/xubilados 
ou 5€ o bono mensual
5€ para traballadores 
ou 10 € o bono mensual
auditorio municipal de carballiño

SINOPSE
Un preso que ven de fuxir do cárcere tenta recuperar un botín escondido uns anos atrás nunha remota e solitaria aldea; pero o que topa alí supón unha condena peor que a cárcere.

Sinistros anciáns, estrañas desaparicións, espíritos, un peculiar sacerdote e ata o mesmísimo arcipreste de Santiago protagonizan unha historia de terror, humor me fantasía.

FICHA TÉCNICA
  • Dirección: Fernando Cortizo
  • Guión: Fernando Cortizo
  • Producción: Susan Gee e Solomon J. Le Flore
  • Dirección de Fotografía: Matthew Hazelrig
  • Deseño de Producción: Fred de Bradeny
  • Montaxe: Fernando Alfonsín
  • Música: Philip Glass, Xavier Font e Arturo Vaquero
  • Título orixinal: O Apóstolo
  • Duración: 72’
  • Ano: 2012
  • País: España
  • Idioma: Galego
FICHA ARTÍSTICA (Voces)
                        • Carlos Blanco
                        • Jorge Sanz
                        • Geraldine Chaplin
                        • Luis Tosar
                        • Celso Bugallo
                        • Manuel Manquiña
                        • Paul Naschy
                        • Xosé M. Oliveira “Pico”

O director, Fernando Cortizo 
(Santiago de Compostela, España 1973)
Fernando Cortizo da os seus primeiros pasos a mediados dos noventa coa realización da curtametraxe en 8 mm El monstruo de la playa. Durante esa década, e alternando cos estudios, realiza diversas curtas (Blackcat spantat, Solo, O Boiro, El ladrón de muñecas, Bucowski, ou Promesa) interesándose e especializándose na técnica de animación stop-motion.
No ano 2007 decide crear a súa propia produtora "Artefacto producciones" e comeza a realizar traballos de animación (Leo, El cuidador de gatos, Noche de brujas), que pronto conseguen importantes premios tanto dentro como fora de España.
En 2009 empeza a produción da que será a súa primeira longametraxe, O Apóstolo, sendo tamén a primeira película europea en stop-motion estereoscópico. Para o proxecto consegue involucrar a técnicos procedentes das maiores producións mundiais, así como ao músico norteamericano Philip Glass.

martes, 11 de diciembre de 2012

Pollo con Ciruelas


POLLO CON CIRUELAS
venres 14 de decembro de 2012
20:00 e 23:00
2,5€ estudantes/parados/xubilados 
ou 5€ o bono mensual
5€ para traballadores 
ou 10 € o bono mensual
auditorio municipal de carballiño
SINOPSE

Nasser Ali Khan é un virtuosos do violín que decide pór fin a súa vida despois de que a súa muller lle rompa o seu amado instrumento durante unha disputa conxugal, e non sendo capaz de topar outro do que obter o mesmo son.

Pero os verdadeiros motivos desta decisión son moito mais complexos: contemplando o seu pasado e o futuro do seu fillo, chegaremos a comprender o por qué da súa elección.

                                                                                      FICHA

Dirección: Marjane Satarapi e Vincent Paronnaud
Guión: Marjane Satarapi e Vincent Paronnaud
Producción: Hengameh Pabahi, Jeremy Burdek, Françoise-Xavier Decraene e Nadia Khamlichi
Dirección de Fotografía: Christophe Beaucome
Deseño de Producción: Udo Kramer
Montaxe: Stéphane Roche
Música: Olivier Bernet

TECNICA

Título orixinal: Poulet aux prunes
Duración: 91’
Ano: 2011
País: Francia
Idioma: Español
               
                FICHA  ARTÍSTICA
               
                Mathieu Almaric
                Maria de Medeiros
                Isabella Rossellini
                Golshiteh Farahani
                Jamel Debbouze
                Chiara Mastroianni
                Edouard Baer
                Eric Caravaca
               
               

Os directores, Marjane Satrapi (Rasht, Irán, 1969) 
e Vincent Paronnaud (La Rochelle, Francia, 1970)

Historietista iraní de familia descendente da dinastía kayar que reinou en Persia ata principios do século XX. Porén, familia de talante progresista, que a enviou ó Liceo Francés ata que foron suprimidos os colexios bilingües polas autoridades islámicas tras a revolución de 1979. Así, os seus pais decidiron enviala a estudar fóra. Introdúcese no mundo do cómic da man do debuxante e guionista David B., quen lle suxeriu que narrase deste modo os seus recordos de infancia en Irán. Nace así a novela gráfica Persépolis (2000-2003), cun gran éxito de crítica e público. Bordados (2003) e Pollo con ciruelas (2003) son outras das súas obras posteriores.
Xunto co tamén debuxante e guionista Vincent Paronnaud adaptou ó cine Persépolis (2007) e esta Pollo con ciruelas.


martes, 4 de diciembre de 2012

Mátalos suavemente

MÁTALOS SUAVEMENTE
venres 7 de decembro de 2012
20:00 e 23:00
2,5€ estudantes/parados/xubilados 
ou 5€ o bono mensual
5€ para traballadores 
ou 10 € o bono mensual
auditorio municipal de carballiño

SINOPSE
 A mafia séntese ameazada cando uns descoñecidos asaltan ós asistentes a unha partida de póker. Os capos acoden ó investigador Jackie Cogan para atopar ós culpables, responsables dunha serie de roubos ós casinos protexidos polos propios mafiosos.
Porén, a misión de Cogan complícase entre indecisos, estafadores de segunda, asasinos cansos… e a situación comeza a dexenerar pouco a pouco.


                                              
                                                                              FICHA

Dirección: Andrew Dominik
Guión: Andrew Dominik, segundo a novela de George V. Higgins
Producción: Brad Pitt, Dede Gardner, Anthony Katagas, Paula Mae Schwartz e Steve Schwartz
Dirección de Fotografía: Greig Fraser
Deseño de Producción: Patricia Norris
Montaxe: Brian A. Kates
Música: Varios

TECNICA

Título orixinal: Killing them Softly
Duración: 104’
Ano: 2012
País: EEUU
Idioma: Español
               
                FICHA  ARTÍSTICA
               
                Brad Pitt
                Richard Jenkins
                James Gandolfini
                Ray Liotta
                Sam Sephard
                Scott McNairy
                Ben Mendelsohn
                Garret Dillaunt
               
               
O director, Andrew Dominik (Wellington, Nova Zelandia, 1967)

Aínda que nado en Wellington, ós dous anos a súa familia trasládase a Australia, onde remata graduándose na Melbourne’s Swinbourne Film School en 1988.
A súa carreira  no cine comeza no ano 2000, cando dirixe a película Chopper, baseada no famoso criminal australiano Brandon Read, protagonizada por Eric Bana. Porén, non voltaría a poñerse tra-las cámaras ata o film El asesinato de Jesse James por el cobarde Tom Ford, con Brad Pitt e Casey Affleck, rodada no ano 2006 pero lanzada en 2007. A película orixinalmente tiña unha duración de 4 horas, que os produtores obrigaron a recortar ata 2h. e 40 minutos. A longametraxe foi un éxito a nivel de crítica e de festivais, recibindo Brad Pitt a Copa Volpi ó mellor actor no festival de Venecia.
Tras Mátalos suavemente, o seu seguinte proxecto será unha película sobre a vida de Marilyn Monroe, con Naomi Watts.

Andrew Dominik

Unha potentísima historia de mafias contemporáneas, posta en imaxes coa lírica habitual do director” (Javier Ocaña, El País)
“Desborda enerxía, mestría cómica, estilo e mal café ideolóxico (…) os diálogos que manteñen o personaxe de Pitt con Jenkins e Gandolfini tocan o ceo. Quizais non sexa novo cine negro, se non a comedia mais sofisticada da temporada” (Jordi Costa, Fotogramas)
“Non debe considerarse coma un thriller político no sentido ortodoxo, pero sí que debaixo da súa capa narrativa  conformada por asasinos profesionais, traficantes de segunda e gángsteres organizados late, senón o retrato, sí o amago de documental entre liñas, entre  xéneros, de crise económica, social e política do noso tempo.” (Quim Casas, Dirigido por…)

Buscar neste blog

A miña lista de blogs

  • Outubro de 2017 - Sesións de outubroFilmoteca CGAI A Revolución rusa é un dos acontecementos máis importantes do século XX, non só polo que supuxo para o Imperio ruso, que ...
    Hace 3 semanas
  • Larga ausencia... - *Un servidor es plenamente consciente de la ingente cantidad de tiempo que hace que no se digna a actualizar este humilde blog... Ahora bien, siempre digo ...
    Hace 2 años
  • - Mois boas!! Rematamaos a tempada cun programa dobre..por iso ides ver ao final moitos mais cortes do habitual, jeje: son dous progrmas especias, adicados a...
    Hace 4 años