LA PEQUEÑA VENECIA
venres 28 de decembro de 2012
20:00 e 23:00
2,5€ estudantes/parados/xubilados
5€ para traballadores
auditorio municipal de carballiño
auditorio municipal de carballiño
SINOPSE
Shun Li traballa nunha
ateigada fábrica téxtil nas aforas de Roma. Sen previo aviso, obrígana a
marchar a unha pequena aldea pesqueira situada na lagoa de Venecia para facerse
cargo do pequeno bar do porto.
Alí
coñece a Bepi, un pescador eslavo a quen os seus amigos alcuman “O Poeta”. A
relación entre ambos, criticada por algúns, convértese nunha escapada poética
da soidade, nun diálogo entre dúas culturas que, aínda que diferentes, non son
tan distantes.
FICHA
Dirección: Andrea Segre
Guión: Marco Pettenello e Andrea Segre
Producción: Francesco Bonsembiante e Francesca Feder
Dirección de Fotografía: Luca Bigazzi
Deseño de Producción: Leonardo SCarpa
Montaxe: Sara Zavarise
Música: François Couturier
|
TECNICA
Título orixinal: Io sono Li
Duración: 100’
Ano: 2012
País: Italia
Idioma: Español
|
FICHA ARTÍSTICA
Zhao
Tao
Rade Serbedzija
Marco
Paolini
Roberto
Citrán
Giuseppe Battinson
|
Galardóns:
David de Donatello: Mellor Actriz (Zhao Tao)
Festival de Sevilla: Premio Eurimages
O director, Andrea Segre (Dolo, Venecia, Italia, 1976)
Director de películas e
documentais para cine e televisión, tamén é un investigador en Socioloxía da
Comunicación na Universidade de Bolonia. Durante mais de dez anos adicouse ao
tema da inmigración, ademais de fundar a asociación ZaLab.
Entre os seus documentais
destacan Marghera Canale Nord
(2003), Dio era musicista (2004) e A Sud di Lampedusa (2006) todos
presentes no Festival de Venecia.
Tras gañar varios premios a
nivel internacional con Come un uomo
sulla terra (2008) e Il sangue verde
(2010), tamén na categoría de documentais, La pequeña Venecia é o seu debut no mundo do longametraxe.
“O relato,
sinxelo pero nunca simple, sen discursos, coa sutileza no diálogo da frase
corta pero intensa, impón unha calma que contrasta co volcán de sentimentos. (Javier
Ocaña, El País)
“Película feita con cariño e convicción (…) cunha boa labor interpretativa
e ritmo narrativo” (Tomás
Fernández Valentí, Dirigido por…)
F E para o próximo venres:
El ladrón de palabras.
No hay comentarios:
Publicar un comentario