O APÓSTOLO
http://www.oapostolo.com/
http://www.oapostolo.com/
venres 21 de decembro de 2012
18:00 e 20:00 e 23:00
2,5€ estudantes/parados/xubilados
ou 5€ o bono mensual
ou 5€ o bono mensual
5€ para traballadores
ou 10 € o bono mensual
auditorio municipal de carballiño
ou 10 € o bono mensual
auditorio municipal de carballiño
SINOPSE
Un preso que ven de fuxir do cárcere tenta recuperar un botín escondido uns anos atrás nunha remota e solitaria aldea; pero o que topa alí supón unha condena peor que a cárcere.
Sinistros anciáns, estrañas desaparicións, espíritos, un peculiar sacerdote e ata o mesmísimo arcipreste de Santiago protagonizan unha historia de terror, humor me fantasía.
FICHA TÉCNICA
- Dirección: Fernando Cortizo
- Guión: Fernando Cortizo
- Producción: Susan Gee e Solomon J. Le Flore
- Dirección de Fotografía: Matthew Hazelrig
- Deseño de Producción: Fred de Bradeny
- Montaxe: Fernando Alfonsín
- Música: Philip Glass, Xavier Font e Arturo Vaquero
- Título orixinal: O Apóstolo
- Duración: 72’
- Ano: 2012
- País: España
- Idioma: Galego
FICHA ARTÍSTICA (Voces)
- Carlos Blanco
- Jorge Sanz
- Geraldine Chaplin
- Luis Tosar
- Celso Bugallo
- Manuel Manquiña
- Paul Naschy
- Xosé M. Oliveira “Pico”
O director, Fernando Cortizo
(Santiago de Compostela, España 1973)
Fernando Cortizo da os seus primeiros pasos a mediados dos noventa coa realización da curtametraxe en 8 mm El monstruo de la playa. Durante esa década, e alternando cos estudios, realiza diversas curtas (Blackcat spantat, Solo, O Boiro, El ladrón de muñecas, Bucowski, ou Promesa) interesándose e especializándose na técnica de animación stop-motion.
No ano 2007 decide crear a súa propia produtora "Artefacto producciones" e comeza a realizar traballos de animación (Leo, El cuidador de gatos, Noche de brujas), que pronto conseguen importantes premios tanto dentro como fora de España.
En 2009 empeza a produción da que será a súa primeira longametraxe, O Apóstolo, sendo tamén a primeira película europea en stop-motion estereoscópico. Para o proxecto consegue involucrar a técnicos procedentes das maiores producións mundiais, así como ao músico norteamericano Philip Glass.
No hay comentarios:
Publicar un comentario