POLLO CON CIRUELAS
venres 14 de decembro de 2012
20:00 e 23:00
2,5€ estudantes/parados/xubilados
ou 5€ o bono mensual
ou 5€ o bono mensual
5€ para traballadores
ou 10 € o bono mensual
auditorio municipal de carballiño
ou 10 € o bono mensual
auditorio municipal de carballiño
SINOPSE
Nasser Ali Khan é un virtuosos
do violín que decide pór fin a súa vida despois de que a súa muller lle rompa o
seu amado instrumento durante unha disputa conxugal, e non sendo capaz de topar
outro do que obter o mesmo son.
Pero
os verdadeiros motivos desta decisión son moito mais complexos: contemplando o
seu pasado e o futuro do seu fillo, chegaremos a comprender o por qué da súa
elección.
FICHA
Dirección: Marjane Satarapi e Vincent Paronnaud
Guión: Marjane Satarapi e Vincent Paronnaud
Producción: Hengameh Pabahi, Jeremy Burdek, Françoise-Xavier
Decraene e Nadia Khamlichi
Dirección de Fotografía: Christophe Beaucome
Deseño de Producción: Udo Kramer
Montaxe: Stéphane Roche
Música: Olivier Bernet
|
TECNICA
Título orixinal: Poulet aux prunes
Duración: 91’
Ano: 2011
País: Francia
Idioma: Español
|
FICHA ARTÍSTICA
Mathieu
Almaric
Maria de Medeiros
Isabella
Rossellini
Golshiteh
Farahani
Jamel Debbouze
Chiara
Mastroianni
Edouard
Baer
Eric
Caravaca
|
Os directores, Marjane Satrapi
(Rasht, Irán, 1969)
e Vincent Paronnaud (La Rochelle, Francia, 1970)
e Vincent Paronnaud (La Rochelle, Francia, 1970)
Historietista iraní de familia descendente da dinastía kayar que reinou en
Persia ata principios do século XX. Porén, familia de talante progresista, que
a enviou ó Liceo Francés ata que foron suprimidos os colexios bilingües polas
autoridades islámicas tras a revolución de 1979. Así, os seus pais decidiron
enviala a estudar fóra. Introdúcese no mundo do cómic da man do debuxante e
guionista David B., quen lle suxeriu que narrase deste modo os seus recordos de
infancia en Irán. Nace así a novela gráfica Persépolis (2000-2003), cun gran éxito de crítica e público. Bordados (2003) e Pollo con ciruelas (2003) son outras das súas obras posteriores.
Xunto co tamén debuxante e guionista Vincent Paronnaud adaptou ó cine Persépolis (2007) e esta Pollo con ciruelas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario