MÁTALOS SUAVEMENTE
venres 7 de decembro de 2012
20:00 e 23:00
2,5€ estudantes/parados/xubilados
ou 5€ o bono mensual
ou 5€ o bono mensual
5€ para traballadores
ou 10 € o bono mensual
auditorio municipal de carballiño
ou 10 € o bono mensual
auditorio municipal de carballiño
A mafia séntese ameazada cando
uns descoñecidos asaltan ós asistentes a unha partida de póker. Os capos acoden
ó investigador Jackie Cogan para atopar ós culpables, responsables dunha serie
de roubos ós casinos protexidos polos propios mafiosos.
Porén, a misión de Cogan
complícase entre indecisos, estafadores de segunda, asasinos cansos… e a
situación comeza a dexenerar pouco a pouco.
FICHA
Dirección: Andrew Dominik
Guión: Andrew Dominik, segundo a novela de George V. Higgins
Producción: Brad Pitt, Dede Gardner, Anthony Katagas, Paula
Mae Schwartz e Steve Schwartz
Dirección de Fotografía: Greig Fraser
Deseño de Producción: Patricia Norris
Montaxe: Brian A. Kates
Música: Varios
|
TECNICA
Título orixinal: Killing them Softly
Duración: 104’
Ano: 2012
País: EEUU
Idioma: Español
|
FICHA ARTÍSTICA
Brad
Pitt
Richard Jenkins
James
Gandolfini
Ray
Liotta
Sam Sephard
Scott
McNairy
Ben
Mendelsohn
Garret
Dillaunt
|
O director, Andrew Dominik (Wellington, Nova Zelandia, 1967)
Aínda que nado en Wellington, ós dous anos a súa familia trasládase a
Australia, onde remata graduándose na Melbourne’s Swinbourne Film School en
1988.
A súa carreira no cine comeza no ano
2000, cando dirixe a película Chopper, baseada no famoso criminal
australiano Brandon Read, protagonizada por Eric Bana. Porén, non voltaría a
poñerse tra-las cámaras ata o film El asesinato de Jesse James por el cobarde
Tom Ford, con Brad Pitt e Casey Affleck, rodada no ano 2006 pero
lanzada en 2007. A película orixinalmente tiña unha duración de 4 horas, que os
produtores obrigaron a recortar ata 2h. e 40 minutos. A longametraxe foi un
éxito a nivel de crítica e de festivais, recibindo Brad Pitt a Copa Volpi ó
mellor actor no festival de Venecia.
Tras Mátalos suavemente, o seu seguinte
proxecto será unha película sobre a vida de Marilyn Monroe, con Naomi Watts.
Andrew Dominik |
“Unha
potentísima historia de mafias contemporáneas, posta en imaxes coa lírica
habitual do director” (Javier Ocaña, El
País)
“Desborda enerxía, mestría cómica, estilo e mal café ideolóxico (…) os
diálogos que manteñen o personaxe de Pitt con Jenkins e Gandolfini tocan o ceo.
Quizais non sexa novo cine negro, se non a comedia mais sofisticada da
temporada” (Jordi Costa, Fotogramas)
“Non debe considerarse coma un thriller político no sentido ortodoxo, pero
sí que debaixo da súa capa narrativa conformada
por asasinos profesionais, traficantes de segunda e gángsteres organizados
late, senón o retrato, sí o amago de documental entre liñas, entre xéneros, de crise económica, social e
política do noso tempo.” (Quim Casas, Dirigido por…)
No hay comentarios:
Publicar un comentario