lunes, 11 de febrero de 2013

15 de Febreiro: OPERACIÓN E


OPERACIÓN E
(nrm 12 anos)
VENRES 15 de FEBREIRO de 2013
20:00 e 23:00
2,5€ estudantes/parados/xubilados 
5€ para traballadores 
auditorio municipal de carballiño

SINOPSE
 Unha muller secuestrada polas FARC da a luz un neno no medio da selva colombiana. No momento do parto, a guerrilla arrebátalle o neno e entrégallo a Crisanto, un modesto agricultor que sobrevive na xungla coa súa muller, cinco fillos e un sogro curandeiro. Deberá facerse cargo do neno, baixo ameaza de morte.
O pequeno está gravemente enfermo, pero Crisanto e os seus están dispostos a todo por salvalo.


FICHA

Dirección: Miguel Courtois
Guión: Antonio Onetti
Producción: Cristina Zumárraga, Marisa Castelo, Farruco Castromán, Luis Tosar e Ariel Zeïtoun
Dirección de Fotografía: Josu Incháustegui
Deseño de Producción: Gonzalo Martínez
Montaxe: Jean-Paul Husson
Música: Thierry Westermeyer

TECNICA

Título orixinal: Operación E
Duración: 108’
Ano: 2012
País: España-Francia
Idioma: Español
               
                FICHA  ARTÍSTICA
               
                Luis Tosar
                Martina García
                Gilberto Ramírez
               



O director, Miguel Courtois (París, Francia, 1960)

Miguel Courtois-Paternina nace en París en 1960, de pai francés e nai española. Foi primeiro profesor de filosofía, pero en 1982 empeza coma fotógrafo de moda e chega a ser un gran reporteiro para a axencia de prensa Sygma.
Comeza a súa carreira como director coa estrea de Un reportero bajo sospecha (1988). Dende entón, traballa para o cine e a televisión francesa realizando e creando numerosas películas e series como La Crim' (1999) e Le Lycée (2000), que recibirá o premio de mellor serie no Festival de Saint-Tropez .
Dirixe a súa primeira longametraxe española, El Lobo, en 2004, protagonizada por Eduardo Noriega e Patrick Bruel . Recibiu dous Goya e numerosos outros premios internacionais.
Seguirá traballando en España coa película GAL en 2006, e o documental 11-M, historia de un atentado en 2005. En 2010  roda un telefilm en parte en Kaboul, tratando del conflicto afghano: Le piège afghan con Marie-Jose Croze e Samuel Le Bihan.

CRÍTICAS
Cun Tosar noutro dos seus espectaculares traballos de composición, a película decide non formular a pregunta de si quere ser ou non un película política” (Jordi Costa, El País)
“Con excelente ritmo, suspense e rigorosa análise periodística, este documento desclasificado (…) non decae en ningún momento” (Fausto Fernández, Fotogramas)
“Luis Tosar borda un personaxe difícil (…) e arrástrao ata un nivel que resulta no só verosímil senón por momentos emocionante” (Carlos Marañón, Cinemanía)


No hay comentarios:

Publicar un comentario

Buscar neste blog

A miña lista de blogs

  • Programación abril 2024 - Sesións de ciclo dos mércores Sesións especiais [+] Sesións de filmoteca IX Ciclo Colexio de médicos Sobrevivimos ao inverno e a febreiro. Cando a escurid...
    Hace 3 semanas
  • Larga ausencia... - *Un servidor es plenamente consciente de la ingente cantidad de tiempo que hace que no se digna a actualizar este humilde blog... Ahora bien, siempre digo ...
    Hace 9 años
  • - Mois boas!! Rematamaos a tempada cun programa dobre..por iso ides ver ao final moitos mais cortes do habitual, jeje: son dous progrmas especias, adicados a...
    Hace 10 años