TODO ES SILENCIO
(nrm - 12 ANOS)
VENRES 22 de FEBREIRO de 2013
VENRES 22 de FEBREIRO de 2013
20:00 e 23:00
2,5€ estudantes/parados/xubilados
5€ para traballadores
auditorio municipal de carballiño
auditorio municipal de carballiño
SINOPSE
Anos 70. En Noitía, un pobo da costa atlántica galega,
viven Fins e Brinco, dous adolescentes que manteñen unha rivalidade amistosa no
medio da que se topa Leda, unha rapaza algo maior que eles.
Leda elixe a Fins, pero a súa
relación rómpese bruscamente cando éste se vai do pobo trala morte do seu pai.
Cando vinte anos despois Fins
volve convertido en policía comproba que todo mudou en Noitía: o tradicional
contrabando de tabaco converteuse en narcotráfico baixo o control do cacique
local, que ten a Brinco como man dereita, e Leda ten un fillo do propio Brinco.
Fins
someteraos a unha vixilancia na que se mesturarán o deber coas antigos
sentimentos.
FICHA
Dirección: José Luis Cuerda
Guión: Manuel Rivas, segundo a súa novela
Producción: Gerardo Herrero e Antonio Saura
Dirección de Fotografía: Hans Burmann
Deseño de Producción: Félix Murcia
Montaxe: Nacho Ruiz Capillas
Música: Sergio Moure
|
TÉCNICA
Título orixinal: Todo es silencio
Duración: 116’
Ano: 2012
País: España
Idioma: Español
|
FICHA ARTÍSTICA
Quim
Gutiérrez
Miguel Ángel Silvestre
Celia
Freijeiro
Juan
Diego
Carolina Cao
Chete
Lera
Axel
Fernández
Xoque
Carvajal
Sergio
González
|
O director, José
Luis Cuerda (Albacete, España, 1947)
Comeza a
estudar Dereito, pero déixao
despois de tres anos e convértese en técnico de radiodifusión e televisión. En1969 entra
a traballar en Televisión Española, realizando reportaxes e documentais para os
servicios informativos (durante cinco anos realiza mais de 500). Entre 1985 y 1987 traballa
como profesor na facultade de Bellas Artes da Universidade de Salamanca.
Despois de diversas curtametraxes en 1982 dirixe
a súa primeira longametraxe, Pares y nones, coa que cultiva a chamada
"comedia madrileña".
Coa súa seguinte película, El bosque animado (1987), inaugura unha
nova etapa caracterizada polo "humor absurdo". Un ano despois parece o traballo que o consagra coma realizador: Amanece, que no es poco (1988). Con Así en el cielo como en la tierra (1995) completa
unha especie de triloxía. A estas seguiría La lengua de las mariposas (1999).
Tamén destaca no rol de produtor cinematográfico, facendo este traballo
en varios dos seus filmes e en tres películas de Alejandro Amenábar (Tesis, Abre los ojos e Los otros); ademais
de ser o guionista da maioría das súas produccións tras as cámaras.
CRÍTICAS
“O realismo
poético devén en thriller resolto de maneira eficaz” (Sergio F. Pinilla, Cinemanía)
“É tanto unha película sobre os negocios do contrabando en dúas épocas
distintas, (…) coma una drama sobre unhas relacións do pasado que se evaporan
na distancia e son imposibles de recuperar no presente” (Quim Casas, Dirigido
por…)
No hay comentarios:
Publicar un comentario