MARIEKE
(nrm - 16 ANOS)
VENRES 1 de MARZOde 2013
VENRES 1 de MARZOde 2013
20:00 (Español) (VOSE) e 23:00 (VOSE)
2,5€ estudantes/parados/xubilados
5€ para traballadores
auditorio municipal de carballiño
auditorio municipal de carballiño
SINOPSE
Marieke é unha rapaza de 20 anos que busca nos brazos dos homes maiores a figura dun pai que morreu prematuramente e en estrañas circunstancias. Vive coa súa nai, unha muller que non sabe como amar, fría e distante dende a morte do marido.
Durante o día, Marieke traballa nunha fábrica de chocolate; pola noite ten aventuras con homes maiores. Nos seus brazos atopa momentos curtos e a memoria do seu pai desaparecido.
A chegada de Jacoby, un editor de libros na busca
do derradeiro manuscrito de seu pai,
trastorna o precario equilibrio da rapaza.
do derradeiro manuscrito de seu pai,
trastorna o precario equilibrio da rapaza.
FICHA
Dirección: Sophie Schoukens
Guión: Sophie Schoukens
Producción: Jan Roekens, Sophie Schoukens, Thanassis Karathanos e Karl Baumgartne
Dirección de Fotografía: Alain Marcoen
Deseño de Producción: Tomas Král
Montaxe: Peter Woditsch
Música: Jef Mercelis
|
TECNICA
Título orixinal: Marieke, Marieke
Duración: 85’
Ano: 2010
País: Bélxica-Alemania
Idioma: VOSE
|
FICHA ARTÍSTICA
Hande Kodja
Jan Decleir
Barbara Sarafian
Caroline Berliner
Pauline Haughness
Philippe van Kessel
Bernard Graczyk
Michel Israel
Karim Barras
|
A directora, Sophie Schoukens (Bruselas, Bélxica)
Sophie Schoukens estudiou Historia e ten un Máster en Ciencias da Comunicación e Cine. Comezou a súa carreira coma actriz en Nova York, asistindo ao mesmo tempo as clases de guión de Frank Daniel, en Columbia. Tras retornar a Europa traballa durante 5 anos no Programa MEDIA da Comisión Europea, chegando a ser a súa encargada.
En 2007 abandona o programa para converterse en directora. Xa rodara unha curtametraxe en 2005, Aliceo la vida en blanco y negro, coa que gañara diversos premios en festivais inbternacionais.
Marieke é o seu debut no mundo das longametraxes, conseguindo ser seleccionada para a sección oficial do Festival de San Sebastián.
Críticas
“Conmovedora e poderosa… chea de sorpresas que te levan a ver as cousas dunha maneira completamente diferente” (Carine Adler)
“Unha película fermosa e unha marabillosa actriz” (Dorein van de Pas)
“A pesar da súa dureza, este film non deixa de transmitir certa poesía” (Nuria Vidal, Fotogramas)
F <!--[endif]-->E a próxima semana: Tabú (Miguel Gomes, 2012)
Ademais, antes de cada sesión, proxectaremos unha montaxe audiovisual do Colectivo Violeta de Ourense cunha duración de 22 minutos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario