domingo, 10 de abril de 2016

Venres 15 de abril - Dheepan

DHEEPAN

Data proxección: 15/04/2016
Horario e idioma: 20:00 (español) e 22:30 (V.O.S.)
Duración: 114'
Lugar: Auditorio municipal de O Carballiño
Ano: 2015
 País: Francia

SINOPSE
Un home fuxe da guerra civil en Sri Lanka e, para conseguir que Francia lle conceda o dereito de asilo, fai pasar pola súa familia a unha muller e a unha rapaza que escapan tamén do país.

Xa en chan francés, atopa traballo coma conserxe nun edificio situado nun barrio problemático. A pesar de non falar francés, vanse adaptando progresivamente ao seu novo país.



Ficha Técnica
Dirección: Jacques Audiard Guión: Jacques Audiard, Thomas Bidegain e Noé Debré Produción: Pascal Caucheteux Dirección de Fotografía: Éponine Momenceau Deseño de Produción: Michel Barthélémy Montaxe: Juliette Welfing Música: Nicolas Jaar

Ficha Artística
Jesuthasan Anthonythasan - Kalieaswari Srinivasan - Claudine Vinasithamby - Vincent Rottiers - Faouzi Brensaidi - Marc Zinga  Franck Falise

Galardóns
·    Festival de Cannes 2015: Palma de Oro á Mellor Película.

O director, Jacques Audiard (1952, París, Francia)

Dende comezos dos anos 1980 empeza a escribir guións coma El profesional (1981), Sac de noeuds (1985) ou Saxo (1987). E no ano 1994 debuta tras as cámaras con Mira a los hombres caer, coa que gaña o premio Cesar da cinematografía francesa á mellor opera prima.
Continua con longametraxes coma Un héroe muy discreto (1996) e Lee mis labios (2001), das que tamén é autor do guión. Pero os seus grandes éxitos estaría por vir. En 2005 con De latir mi corazón se ha parado, coa que obtén 8 premios Cesar, incluídos director, guión e película; e en 2009, Un profeta, gañando tamén director, guión e película, ademais do Gran Premio do Xurado en Cannes.
En 2012 dirixe De óxido y hueso, pola que tamén obtén varios premios en festivais internacionais, ademais de 4 premios Cesar máis, incluíndo Mellor Guión.

Críticas
“Relato desgarrador da inmigración. (…) Posúe lucidez, verosimilitude e comprensión.” 
(Carlos Boyero, El País)
“Un exercicio enfebrecido onde as personaxes móvense ao límite da súa propia  anguria.” 
(Luís Martínez, El Mundo)
 “Audiard narra con gran sentido e precisión a anguria, a perplexidade, a difícil adaptación e a cautela e desconfianza desas personaxes nese mundo tan estraño.” 
(E. Rodríguez Marchante, ABC) 

E a próxima sesión: Rams  (Grimur Hákonarson, 2015)

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Buscar neste blog

A miña lista de blogs

  • Programación abril 2024 - Sesións de ciclo dos mércores Sesións especiais [+] Sesións de filmoteca IX Ciclo Colexio de médicos Sobrevivimos ao inverno e a febreiro. Cando a escurid...
    Hace 3 semanas
  • Larga ausencia... - *Un servidor es plenamente consciente de la ingente cantidad de tiempo que hace que no se digna a actualizar este humilde blog... Ahora bien, siempre digo ...
    Hace 9 años
  • - Mois boas!! Rematamaos a tempada cun programa dobre..por iso ides ver ao final moitos mais cortes do habitual, jeje: son dous progrmas especias, adicados a...
    Hace 10 años