jueves, 21 de abril de 2016

Venres 22: RAMS

RAMS

Data proxección: 22/04/2016
Horario e idioma: 20:00 (español) e 22:30 (V.O.S.)
Duración: 93'
Lugar: Auditorio municipal de O Carballiño
Ano: 2015
País: Islandia


SINOPSE 
Gummi e Kiddi son irmáns e veciños nun solitario val de Islandia. Dedícanse ao coidado das súas ovellas, premiadas en numerosas ocasións coma as mellores de todo o país. Porén, non se falan entre eles dende fai décadas.

Unha enfermidade mortal repentina infecta a unha das ovellas de Kiddi, polo que todo o val se verá ameazado, obrigando ás autoridades a sacrificar todo o gando. Iso supón unha sentenza de morte para moitos granxeiros.

Os dous irmáns non se renden, pero deberán deixar de lado as súas rifas para salvar o seu ben máis prezado: as súas ovellas.

Ficha Técnica
Dirección: Grimur Hákonarson Guión: Grimur Hákonarson Produción: Grimar Jónson Dirección de Fotografía: Sturia Brandth Grovien Deseño de Produción: Bjarni Massi Montaxe: Kristján Londfjord Música: Datli Örvarsson
Ficha Artística
Sigurdur Sigurjónsson - Theodor Júliusson - Charlotte Boving - Jon Benonysson - Gunnar Jónsson - Sveinn Ólafur

Galardóns
Festival de Cannes 2015: Mellor Película, sección Un Certain Regard.
Festival de Valladolid 2015: Espiga de Ouro á Mellor Película.

O director, Grimur Hákonarson (1977)

Director e guionista islandés. Tras varias curtametraxes,  dirixe en 2010 a súa primeira longametraxe:
Summerland, pola que foi nominado como mellor director aos premios do cine e televisión islandesa.
En 2012 dirixe un documental, Hreint Hjarta, sobre a vida dun cura en Selfoss, unha remota localidade no sur de Islandia.
Con Rams (2015) acada o recoñecemento internacional ao triunfar en varios festivais, entre eles,
Cannes e Valladolid.
Críticas
“Unha das películas máis arriscadas, emocionantes e existencialistas estreadas en moito tempo, na que a beleza e a reflexión cohabitan con harmonía." (Alberto Luchini, El Mundo).

“Unha historia extremadamente sinxela e visualmente fermosa e rural que se converte, sen perder o aroma,nunha metáfora de algo maior.” (E. Rodríguez Marchante, ABC)

“¿Cómo se pode explicar que unha historia na que os carneiros e ovellas teñen máis diálogos que os propios protagonistas resulte tan entretida e empática que, a pesares do frío, resulte tan cálida?”. (Manuel Piñón, Cinemanía)

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Buscar neste blog

A miña lista de blogs

  • Programación de maio e xuño de 2024 - Sesións de filmoteca Sesións de ciclo dos mércores Sesións especiais [+] Sesión vermú Primavera musical IX Ciclo Colexio de médicos Amal en ruta Case a pi...
    Hace 1 semana
  • Larga ausencia... - *Un servidor es plenamente consciente de la ingente cantidad de tiempo que hace que no se digna a actualizar este humilde blog... Ahora bien, siempre digo ...
    Hace 9 años
  • - Mois boas!! Rematamaos a tempada cun programa dobre..por iso ides ver ao final moitos mais cortes do habitual, jeje: son dous progrmas especias, adicados a...
    Hace 10 años