jueves, 7 de abril de 2016

Venres día 8 de abril: TRUMAN

TRUMAN

Data proxección: 08/04/2016
Horario: 20:00 e 22:30
Duración: 108'
Lugar: Auditorio municipal de O Carballiño
Ano: 2015 
País: España - Arxentina
Idioma: español

SINOPSE


Julián recibe a visita inesperada  do seu amigo Tomás que vive no Canadá. Os dous amigos, xunto a Truman, o seu can fiel, compartirán ao longo de catro intensos días momentos emotivos e sorprendentes, provocados pola difícil situación que esta a atravesar Julián.


FICHA TÉCNICA
Dirección: Cesc Gay; Guión: Cesc Gay e Tomás Aragay; Produción: Marta Esteban e Diego Dubcovsky; Dirección de Fotografía: Andreu Rebés; Deseño de Produción: Irene Montcada; Montaxe: Pablo Barbieri; Música: Nico Cota e Toti Soler

FICHA ARTÍSTICA
Ricardo Darín               Javier Cámara                Dolores Fonzi                
Álex Brendemühl Javier Gutiérrez                Eduard Fernández
Elvira Mínguez                Silvia Abascal

Galardóns:
·   Premios Goya 2015: 5 premios, incluíndo Mellor Película, Director e Actor (Ricardo Darín)
·   Festival de San Sebastián 2015: Concha de Plata Mejor Actor, exaequo Ricardo Darín e Javier Cámara

O DIRECTOR
Cesc Gay (1967, Barcelona, España)
Estudou cine na EMAV (Escola municipal de Audiovisuais de Barcelona). Debutou coma director en 1998 con Hotel Room, escribindo o guión e co-dirixindo xunto co arxentino Daniel Gimelberg. No 2000 dirixiu xa en solitario Krampack, da que tamén escribiu o guión, acadando varios premios en festivais internacionais, ademais do Goya ao mellor director novel.
No ano 2003 foi o creador e responsable da coordinación da serie de TV3 Jet lag, realizado pola compañía T de Teatre. Ao ano seguinte estrea En la ciudad, coa que xa opta ao Goya ao mellor director por primeira vez.
Seguen outras películas coma Ficció (2006) e V.O.S. (2009), ata outro gran éxito de crítica e público como Una pistola en cada mano (2012).

Con Truman, finalmente acadou os premios Goya ao mellor director e guión.

CRÍTICAS

“Unha intensa, tráxica, divertida por momentos e sempre brillante exhibición duns intérpretes ao límite de case todo.” (Luís Martínez, El Mundo)

“Aínda que o que narra é tráxico, o director non renuncia a provocarnos o sorriso (…) A súa forma de contar a historia é precisa, suxestiva, elegante, sutil e complexa.” (Carlos Boyero, El País)


“Unha película que chora por dentro, pero reconcilia por fora (…) Dous actores en estado de graza.” (Beatriz Martínez, El Periódico


PRÓXIMA SESIÓN
Descanse en Paz (Román Gutierrez da Silva)

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Buscar neste blog

A miña lista de blogs

  • Programación abril 2024 - Sesións de ciclo dos mércores Sesións especiais [+] Sesións de filmoteca IX Ciclo Colexio de médicos Sobrevivimos ao inverno e a febreiro. Cando a escurid...
    Hace 4 semanas
  • Larga ausencia... - *Un servidor es plenamente consciente de la ingente cantidad de tiempo que hace que no se digna a actualizar este humilde blog... Ahora bien, siempre digo ...
    Hace 9 años
  • - Mois boas!! Rematamaos a tempada cun programa dobre..por iso ides ver ao final moitos mais cortes do habitual, jeje: son dous progrmas especias, adicados a...
    Hace 10 años