martes, 1 de marzo de 2016

04 - Marzo - Techo y Comida

Techo y comida


Data proxección: 04/03/2016
Horario: 20:00 e 22:30
Duración: 90'
Lugar: Auditorio municipal de O Carballiño
Ano: 2015 - País: España
GALARDÓNS 
Premios Goya: Mellor actriz (Natalia Molina) 
Festival de Málaga: Premio do Público e Mellor Actriz (Natalia Molina)

SINOPSE
Xerez da Fronteira, 2012. Rocío, unha nai solteira e sentraballo que non recibe ningún tipo de axuda nin subsidio, vive co seu fillo de oito anos nun piso do que non paga o aluguer dende fai meses. Así, o dono do piso ameázaa continuamente con botalos á rúa. Para facer fronte aos gastos de manutención e aluguer, Rocío desempeña traballos ocasionais, mal pagados, e vende no top manta obxectos atopados.

FICHA TÉCNICA
Dirección: Juan Miguel del Castillo
Guión: Juan Miguel del Castillo 
Produción: Germán García e Alfredo Santpau
Dirección de Fotografía: Manuel Montero e Rodrigo Razende 
Música: Daniel Quiñones e Miguel Carabante
FICHA ARTÍSTICA
Natalia de Molina - Mariana Cordero - Jaime López - Mercedes Hoyos - Gaspar Campuzano - Montse Torrent - Natalia Roig - Manuel Tallafé
O DIRECTOR
Director e guionista, estudou dirección e realización de cine no Centro de Estudos Cinematográficos de Cataluña, sendo técnico superior en imaxe en La Granja, Jerez.  Autor e director tamén dunha ducia de curtametraxes coas que obtivo máis de 40 premios en distintos festivais.
Destaca en 2005 polo guión e a dirección da curtametraxe ROSARIO, protagonizada por Asunción Balaguer. Juan Miguel del Castillo tamén traballou como realizador e produtor da serie de 10 capítulos Curso Dandalú, emitido en Canal Sur TV.
Montador de televisión nos programas de Canal Sur TV  Taxi e La respuesta está en la historia. Realizador de numerosos videoclips para Los Monos del Mayhem, Abocajarro, Ecofolck, Niño Libre ou a banda revelación jerezana Smilling Bulldogs.
Formador de montaxe e postprodución en escolas taller da Xunta de Andalucía, na actualidade escribe o guión da súa segunda longametraxe.
CRÍTICAS
“Película dura, real como a vida mesma, moi ben realizada (…) magnífica interpretación de Natalia de Molina.” (Carlos Pumares¸La Razón).

“O director sabe que a súa película é unha Natalia de Molina excepcional (…) Evita tremendismos e é loable a súa capacidade de retratar ambientes e personaxes cun realismo libre de afectacións.”
(Jordi Costa, El País)
“Sincero drama social (…) Portentosa actuación de Natalia de Molina”.
  (Beatriz Martínez, Fotogramas)
PRÓXIMA SESIÓN

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Buscar neste blog

A miña lista de blogs

  • Programación abril 2024 - Sesións de ciclo dos mércores Sesións especiais [+] Sesións de filmoteca IX Ciclo Colexio de médicos Sobrevivimos ao inverno e a febreiro. Cando a escurid...
    Hace 4 semanas
  • Larga ausencia... - *Un servidor es plenamente consciente de la ingente cantidad de tiempo que hace que no se digna a actualizar este humilde blog... Ahora bien, siempre digo ...
    Hace 9 años
  • - Mois boas!! Rematamaos a tempada cun programa dobre..por iso ides ver ao final moitos mais cortes do habitual, jeje: son dous progrmas especias, adicados a...
    Hace 10 años