lunes, 22 de febrero de 2016

Paulina

Paulina 

Data proxección: 26/02/2016 
Horario: 20:00 e 22:30
Duración: 103'
Lugar: Auditorio municipal de O Carballiño
Ano: 2015 - País: Arxentina

GALARDÓNS

  • Festival Internacional de San Sebastián: Premio Horizontes (Santiago Mitre)
  • Festival Internacional de Cannes: Gran Premio Semana da Crítica e Premio FRIPESCI
SINOPSE

Paulina é unha avogada que retorna á súa cidade para
dedicarse a labores sociais. Traballa nun programa de
defensa dos dereitos humanos en zonas humildes da
periferia da cidade.
Tras a segunda semana de traballo, é interceptada e
atacada por unha patota, un fato violento de rapaces.


FICHA TÉCNICA
Dirección: Santiago Mitre 
Guión: Santiago Mitre e Mariano Linás, segundo o guión
orixinal de Eduardo Borrás e Daniel Tinayre
Produción: Santiago Mitre, Laurent Baudens, Fernando
Brom, Didar Domehri, Axel Kuschevatzky, Agustina
Llambi-Campbell, Gaël Nouaille, Walter Salles, Lita
Stantic e Nacho Viale

 Deseño de Fotografía: Gustavo Biazzi 
Montaxe: Delfina Castagnino Música: Nicolás Varchausky 



FICHA  ARTÍSTICA 
Dolores Fonzi - Óscar Martínez - Esteban Lamothe - Cristian Salguero - 
Verónica Llinás - Laura López Moyano


  O director, Santiago Mitre  
(1980, Bos Aires, Arxentina)
Director e guionista, cursou estudos na Universidade do Cine, en Bos Aires. Comeza escribindo guións para televisión, iniciando unha colaboración co director Pablo Trapero, para quen escribe Leonera (2008), Carancho (2010) e posteriormente Elefante Blanco (2012).

En 2011, tras fundar a produtora La unión de los ríos,  debuta como director sobre un guión propio, con El estudiante, que tivo un recorrido internacional obtendo varios premios en diversos festivais, como Locarno ou Xixón. En 2013 presenta Los posibles, unha mediometraxe, mestura de cine e danza.

A súa consagración internacional prodúcese en 2015 con filme Paulina.


No hay comentarios:

Publicar un comentario

Buscar neste blog

A miña lista de blogs

  • Programación abril 2024 - Sesións de ciclo dos mércores Sesións especiais [+] Sesións de filmoteca IX Ciclo Colexio de médicos Sobrevivimos ao inverno e a febreiro. Cando a escurid...
    Hace 4 semanas
  • Larga ausencia... - *Un servidor es plenamente consciente de la ingente cantidad de tiempo que hace que no se digna a actualizar este humilde blog... Ahora bien, siempre digo ...
    Hace 9 años
  • - Mois boas!! Rematamaos a tempada cun programa dobre..por iso ides ver ao final moitos mais cortes do habitual, jeje: son dous progrmas especias, adicados a...
    Hace 10 años