lunes, 7 de marzo de 2016

Mia Madre

Mia Madre

Data proxección: 11/03/2016
Horario: 20:00 e 22:30
Duración: 102'
Lugar: Auditorio municipal de O Carballiño
Ano: 2015 - País: Italia
Idioma: español

GALARDÓNS 
·   Festival Internacional de Cannes: Premio Ecuménico do Xurado
·   Premio David de Donatello: Mellor Actriz (Margherita Buy) e Mellor Actriz Secundaria (Giulia Lazzzarini)

SINOPSE

Margherita, unha directora de cine politicamente comprometida, está a piques de separarse de Vittorio, un actor co que ten unha filla adolescente. O seu irmán decide deixar o traballo para dedicarse a coidar da súa nai, gravemente enferma no hospital.

A enfermidade da nai e o proceso de asimilación da súa inevitable perda alterará completamente a vida cotiá e emocional de ambos fillos.


FICHA TÉCNICA
Dirección: Nanni Moretti
Guión: Nanni Moretti, Valia Santella, Gaia Manzini, Chiara Valerio e Francresco Piccolo
Produción: Nanni Moretti e Domenico Procacci
Dirección de Fotografía: Arnaldo Catinari

Montaxe: Clelio Benevento
FICHA ARTÍSTICA
Margherita Buy - Nanni Moretti - John Turturro - Giulia Lazzarini - Beatrice Mancini - Stefano Abbati - Enrico Ianello - Anna Bellato
O DIRECTOR
Nanni Moretti
Os seus comezos coma realizador remóntanse a 1973, coa curtametraxe La derrota, onde xa se amosan dúas das características básicas do seu cine: a política e o humor. En 1976 roda a súa primeira película: Soy un autárquico. Ese mesmo ano iniciase tamén coma actor nas longametraxes, ás ordes dos irmáns Taviani, con Padre padrone. Continuaría alternando esa dobre faceta durante anos, ata que en 1993, con Caro diario salta á fama internacional ao gañar  o premio ao Mellor Director no Festival de Cannes.
Posteriormente dirixe outras películas que o afianzan coma un dos mais recoñecidos directores italianos dos últimos anos: Abril (1998), La habitación del hijo (2001) ou un fragmento da longametraxe coral Chacun son cinéma (2007).
Paralelamente á súa carreira coma director e actor sitúase a súa militancia política, que o leva a dirixir filmes coma Il Caimano (2006), sátira sobre Silvio Berlusconi, presentada en plena campaña electoral ese ano.
Tras un parón de catro anos, non volve a poñerse tras as cámaras ata 2011, con Habemus Papam. E pasaron outros catro anos ata Mia madre, a súa última película ata o de agora.

CRÍTICAS
“Un gran Moretti (…) Unha fábula entre a gargallada e a desolación, tan cálida coma irresistible.” (Luís Martínez, El Mundo)

“Unha volta ao mellor Moretti, o divertido en tenro, triste e conmovedor, e a saltos entre a realidade e a fantasía.” (Irene Crespo, Cinemanía)

“Excelente (…) A película é tamén unha sátira sobre o mundo do cine e unha disección dos medos contemporáneos: os sociais, os morais e os sentimentais.” (Javier Ocaña, El País)

PRÓXIMA SESIÓN

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Buscar neste blog

A miña lista de blogs

  • Programación abril 2024 - Sesións de ciclo dos mércores Sesións especiais [+] Sesións de filmoteca IX Ciclo Colexio de médicos Sobrevivimos ao inverno e a febreiro. Cando a escurid...
    Hace 4 semanas
  • Larga ausencia... - *Un servidor es plenamente consciente de la ingente cantidad de tiempo que hace que no se digna a actualizar este humilde blog... Ahora bien, siempre digo ...
    Hace 9 años
  • - Mois boas!! Rematamaos a tempada cun programa dobre..por iso ides ver ao final moitos mais cortes do habitual, jeje: son dous progrmas especias, adicados a...
    Hace 10 años