viernes, 27 de noviembre de 2015

Domingo 29 - A Árbore Magnética

Domingo 29 de novembro - O árbore mágnetico

A ÁRBORE MAGNÉTICA
Domingo 29 de novembro
Auditorio municipal de Carballiño
18:00 e 20:00
Idioma: Español
Duración: 85’
Ano: 2013
País: España-Chile




SINOPSE
Bruno regresa ao seu país de orixe, Chile, despois dunha prolongada ausencia. A casa de campo que de neno  compartía coa súa familia está agora á venda, e todos se reúnen para despedir o lugar. A visita á “árbore magnética”, unha curiosidade local de estrañas propiedades, espertará nel sensacións e efectos case esquecidos dende que era un rapaz.
FICHA TÉCNICA
Dirección: Isabel Ayguavives
Guión: Isabel Ayguavives
Produción: Sergio Gándara, Rafael Alvárez e Ignacio Monge
Dirección de Fotografía: Alberto D.Centeno
Montaxe: José Manuel Jímenez
Música: Nico Casal
FICHA  ARTÍSTICA
Manuela Martelli
Andrés Gertrúdix
Catalina Saavedra
Gonzalo Robles
Blanca Lewyn
Agustín Silva
Ximena Rivas
A directora, Isabel Ayguavives
(O Ferrol, Galicia, España, 1974) 
Estudou Ciencias da Imaxe na Universidade Complutense de Madrid. Tras finalizar a carreira comezou a traballar no mundo do cine e da televisión, principalmente como directora de segunda unidade ou asistente de dirección, en producións coma Sara (2003), El comisario (2003-2005) ou Tierra de lobos (2010-2013).
Ao mesmo tempo dirixía curtametraxes, sendo a primeiro delas La valiente (2003). Seguiron El castigo (2005) e Penfield (2010), participando en diversos festivais como Clermon-Ferrand ou Alcalá de Henares.
Finalmente escribe e dirixe á súa primeira longametraxe en 2013, El árbol magnético, estreada na sección Nuevos Directores da 61a edición do Festival de San Sebastián.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Buscar neste blog

A miña lista de blogs

  • Programación abril 2024 - Sesións de ciclo dos mércores Sesións especiais [+] Sesións de filmoteca IX Ciclo Colexio de médicos Sobrevivimos ao inverno e a febreiro. Cando a escurid...
    Hace 2 semanas
  • Larga ausencia... - *Un servidor es plenamente consciente de la ingente cantidad de tiempo que hace que no se digna a actualizar este humilde blog... Ahora bien, siempre digo ...
    Hace 9 años
  • - Mois boas!! Rematamaos a tempada cun programa dobre..por iso ides ver ao final moitos mais cortes do habitual, jeje: son dous progrmas especias, adicados a...
    Hace 10 años