lunes, 30 de noviembre de 2015

Venres 4 de decembro: Viaje a Sils Maria

Viaje a Sils Maria
("Clouds of Sils Maria")
Venres 4 de decembro
Auditorio municipal de Carballiño
20:00 (español) e 22:30 (VOS)
Duración: 124’
Ano: 2015
País: Francia


SINOPSE

Aos 18 anos, Maria Enders tivo un enorme éxito no teatro interpretando  a Sigrid, unha rapaza ambiciosa e encantadora que provoca o suicidio dunha muller madura, Helena. Vinte anos máis tarde, ofrécenlle interpretar novamente a peza teatral, pero interpretando a Helena.
Para preparase viaxa coa súa asistenta a Sils Maria, nos Alpes, onde coñecerá a rapaza que encarnará a Sigrid nesta nova versión: unha estrela de Hollywood con inclinación ao escándalo.
Maria verase a si mesma dende o outro lado do espello, cara a cara cunha muller que é, en esencia, un reflexo inquedante dela mesma. 

Tráiler español

Tráiler VOS

FICHA TÉCNICA
Dirección: Olivier Assayas
Guión: Olivier Assayas
Produción: Charles Gillibert
Dirección de Fotografía: Yorick Le Saux
Deseño de Producción: François-Renaud Labarthe
Montaxe: Marion Monnier


FICHA  ARTÍSTICA
Juliette Binoche
Kristen Stewart
Chloë Grace Moretz
Johnny Flynn
Lars Eidinger
Hanns Zischler
Claire Tran
Angela Wrinkler




O director, Olivier Assayas
(1955, París, Francia)
Fillo do guionista Jacques Rémy, comezou na industria do cine axudando a seu pai, especialmente cando xa comezaba a ter problemas de saúde. Ademais de dirixir varias curtas, colaboraba na revista de cine Cahiers du Cinéma.

A súa primeira longametraxe é Désordre (1986). Posteriormente onsegue participar no festival de Cannes con El agua fría (1994). Outros dos seus filmes destacados son Irma Vep (1996), Finales de agosto, principios de septiembre (1998), Demonlover (2002), Las horas del verano (2008) ou a película para TV Carlos (2010).

Críticas
 “Assayas confecciona da man dunha imperial Juliette Binoche un delicado, preciso e maxistral estudio do tempo. (Luís Martínez, El Mundo)
“Fantástica. Poucas historias con tantas capas e subtextos coma esta película” (Javier Ocaña, El País)
“Complexa mestura de pasado, presente, ficción, realidade, cine, teatro, dependencia e independencia.” (E Rodríguez Marchante, ABC) 



E na próxima sesión: Los increíbles  (David Valero, 2012)

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Buscar neste blog

A miña lista de blogs

  • Programación abril 2024 - Sesións de ciclo dos mércores Sesións especiais [+] Sesións de filmoteca IX Ciclo Colexio de médicos Sobrevivimos ao inverno e a febreiro. Cando a escurid...
    Hace 4 semanas
  • Larga ausencia... - *Un servidor es plenamente consciente de la ingente cantidad de tiempo que hace que no se digna a actualizar este humilde blog... Ahora bien, siempre digo ...
    Hace 9 años
  • - Mois boas!! Rematamaos a tempada cun programa dobre..por iso ides ver ao final moitos mais cortes do habitual, jeje: son dous progrmas especias, adicados a...
    Hace 10 años