lunes, 16 de noviembre de 2015

Venres 20 de novembro - Conducta

CONDUCTA
Venres 20 de novembro
Auditorio municipal de Carballiño
20:00 e 22:30
Idioma: español
Duración: 108’
Ano: 2014
País: Cuba




SINOPSE

Chala é un rapaz de once anos que vive nun ambiente de violencia, cunha nai adicta ás drogas e ao alcol, e cans de pelexa que adestra para soster o seu fogar.
Sen despoxarse da súa marxinalidade e conflitividade, acode á escola onde ten unha especial relación coa súa mestra Carmela.


FICHA TÉCNICA
Dirección: Ernesto Daranas
Guión: Ernesto Daranas
Produción: ICAIC
Dirección de Fotografía: Alejandro Pérez
Montaxe: Pedro Suárez
Música: Juan Antonio Leyva e Magda Rosa Galván


FICHA  ARTÍSTICA
Armando Valdés Freire
Alina Rodríguez
Silvia Águila
Yuliet Cruz
Idalmis Garcia
Amaly Junco
Armando Miguel Gómez
Miriel Cejas

Galardóns:

·   Festival de Málaga 2014: Premio do Público, Mellor Película Latinoamericana, Mellor Director Latinoamericano e Mellor Actriz Latinoamericana

O director, Ernesto Daranas 
(A Habana, Cuba, 1961)
Licenciado en Pedagoxía e Xeografía, iniciouse con éxito dende temperá idade na radio e escribiu de todo: crónicas, teatro, contos, series dramáticas e radionovelas, e posteriormente na televisión, onde foi guionista para contos e teleplays En 2004 elaborou o guión e codirixiu xunto a Natasha Vázquez o documental Los últimos gaiteiros de la Habana, gañador do Premio Internacional de Periodismo Rey de España. Tamén en 2004 Daranas dirixiu o telefilme ¿La Vida en Rosa?, do que elaborou o guión. Esta obra obtivo o Gran Premio do I Festival Nacional de Televisión de Cuba máis outros seis, incluíndo a Mellor Dirección e o Guión Orixinal, converténdose rapidamente nunha obra de culto dentro do audiovisual cubano.
A obra de Daranas sempre tratou dunha forma ou outra os problemas da sociedade habanera, como a prostitución, a pobreza ou a ausencia dos pais, causas que xeran gran cantidade dos problemas existentes na sociedade..Ditos elementos tamén estaban moi presentes na súa anterior película Los dioses rotos (2008).

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Buscar neste blog

A miña lista de blogs

  • Programación abril 2024 - Sesións de ciclo dos mércores Sesións especiais [+] Sesións de filmoteca IX Ciclo Colexio de médicos Sobrevivimos ao inverno e a febreiro. Cando a escurid...
    Hace 4 semanas
  • Larga ausencia... - *Un servidor es plenamente consciente de la ingente cantidad de tiempo que hace que no se digna a actualizar este humilde blog... Ahora bien, siempre digo ...
    Hace 9 años
  • - Mois boas!! Rematamaos a tempada cun programa dobre..por iso ides ver ao final moitos mais cortes do habitual, jeje: son dous progrmas especias, adicados a...
    Hace 10 años