viernes, 23 de octubre de 2015

VENRES 23: MAPS TO THE STARS

MAPS TO THE STARS
Venres, 23 de outubro,  
20:00h (español) e 22:30h (VOSE)
Auditorio Municipal
116'
2014
Canadá
Maiores de 16 anos
SINOPSE

Un conto moderno sobre a obsesión pola popularidade. Stafford Weiss é terapeuta e escribe libros de autoaxuda.
Ten unha muller sobreprotectora, un fillo antiga estrela da TV en rehabilitación e unha filla que ven de saír do psiquiátrico.

A principal cliente de Stafford é unha famosa actriz a piques de interpretar o papel que fixo a súa nai nos anos 60.


Tráiler (español) 
Tráiler (VOSE)

GALARDÓNS:
·   Festival de Cannes 2014: Mellor Actriz(Julainne Moore) e Mellor Fotografía
·   Festival de Sitges 2014: Mellor Actriz (Julianne Moore)
O DIRECTOR

Tras graduarse en Literatura na Universidade de Toronto, interésase polo cine, rodando diversas curtametraxes, nas que xa amosa os que serían os temas a desenvolver na súa posterior cinematografía: o interese por a violencia e a sexualidade, así como por a realidade e a realidade alterada, a sátira social e o terror biolóxico.

Todos eses elementos están presentes no seu primeiro éxito comercial, Vinieron de dentro de… (1977). Porén, será Scanners (1981) a que lle otorgará recoñecemento a nivel mundial coma un dos directores e guionistas de cine fantástico e de terror máis reputados de finais do século XX, referendado por películas coma: Videodrome (1983), La mosca (1986) ou Inseparables (1988).

Xa no século XXI, Una historia de violencia (2005) e Promesas del este (2007) conságrano coma un dos directores de referencia da sétima arte.
Críticas
“Conto de fantasmas, que é tamén sátira inclemente, melodrama retorcido e relato tráxico (…) Cronenberg semella divertirse coma nunca. (Jordi Costa, El País)

“Unha disección furiosa e desencantada do espírito que anima unha cidade como Os Ánxeles. Un sae do cine aturuxado (…) a obra máis escura e desacougante do seu director.” (Luís Martínez, El Mundo)

“Fábula cruel sobre Hollywood (…) pero tamén sobre a natureza humana que Cronenberg, máis despiadado que nunca cos seus personaxes, amosa cunha linguaxe espida e directa.” (Tomás Fernández Valentí, Dirigido por…)




E a próxima sesión (CINEMAS DE GALICIA): Dos días, una noche  (Jean-Pierre e Luc Dardenne, 2014)


No hay comentarios:

Publicar un comentario

Buscar neste blog

A miña lista de blogs

  • Programación abril 2024 - Sesións de ciclo dos mércores Sesións especiais [+] Sesións de filmoteca IX Ciclo Colexio de médicos Sobrevivimos ao inverno e a febreiro. Cando a escurid...
    Hace 3 semanas
  • Larga ausencia... - *Un servidor es plenamente consciente de la ingente cantidad de tiempo que hace que no se digna a actualizar este humilde blog... Ahora bien, siempre digo ...
    Hace 9 años
  • - Mois boas!! Rematamaos a tempada cun programa dobre..por iso ides ver ao final moitos mais cortes do habitual, jeje: son dous progrmas especias, adicados a...
    Hace 10 años