lunes, 26 de octubre de 2015

Venres 30 de outubro - CINEMAS DE GALICIA: DOUS DÍAS E UNHA NOITE

DOUS DÍAS, UNHA NOITE
Venres, 30 de outubro,  
20:00h e 22:30h 
Español
Auditorio municipal
95'
2014
Bélxica
Maiores de 12 anos

SINOPSE
Sandra dispón dun só fin de semana para ir a ver aos seus colegas de traballo e convencelos de que voten a favor de ela para que non sexa despedida, aínda que iso supoña a renuncia de todos eles a cobrar unha paga extraordinaria. 


Tráiler (español)


GALARDÓNS:
Premios do Cine Europeo 2014: Mellor Actriz (Marion Cotillard)
Premios do Círculo de Críticos de Nova Iork 2014: Mellor Actriz (Marion Cotillard)

OS DIRECTORES
Jean-Pierre e Luc Dardenne 
(Wallonia, Bélxica, 1951 e 1954)


Tras estudar drama, comezaron a facer vídeos acerca das duras condicións de vida dos traballadores en pequenas poboacións de Wallonia. Despois de coñecer ao director Armad Gatti e ao director de fotografía Ned Burgers, decidiron entrar no mundo das longametraxes.
Así, en 1978 debutan co documental Le chant du rossignol (1978). En 1986 rodan a súa primeira película de ficción, Falsch, á que seguen outras, ata que en 1999 acadan o éxito internacional ao gañar a Palma de Oro en Cannes con Rosetta.
Considerados coma os grandes representantes do cine social europeo, renovaron a estética e a narración dese tipo de cine grazas a un estilo concreto e depurado, no que destaca a cámara moi preto dos personaxes, seguíndoos por detrás, longos planos secuencia, ausencia de banda sonora ou a elección de actores non profesionais ou pouco coñecidos, como se pode observar en outras das súas longametraxes: El niño (2005), El silencio de Lorna (2008) ou El niño de la bicicleta (2011)



E a próxima sesión: Interestelar (Christopher Nolan, 2014)





No hay comentarios:

Publicar un comentario

Buscar neste blog

A miña lista de blogs

  • Programación abril 2024 - Sesións de ciclo dos mércores Sesións especiais [+] Sesións de filmoteca IX Ciclo Colexio de médicos Sobrevivimos ao inverno e a febreiro. Cando a escurid...
    Hace 3 semanas
  • Larga ausencia... - *Un servidor es plenamente consciente de la ingente cantidad de tiempo que hace que no se digna a actualizar este humilde blog... Ahora bien, siempre digo ...
    Hace 9 años
  • - Mois boas!! Rematamaos a tempada cun programa dobre..por iso ides ver ao final moitos mais cortes do habitual, jeje: son dous progrmas especias, adicados a...
    Hace 10 años