lunes, 12 de octubre de 2015

Venres 16: sesión 172 - LA SAL DE LA TIERRA

LA SAL DE LA TIERRA
Venres, 16 de outubro,  
20:00h (español) e 22:30h (VOSE)
Auditorio Municipal
100'
2014
Francia
Maiores de 7 anos

Sebastião Salgado
SINOPSE

Dende fai corenta anos, o fotógrafo Sebastiao Salgado percorre os continentes captando a mutación da humanidade. Testemuña de grandes acontecementos que marcaron a nosa historia recente, conflitos internacionais, a fame negra, éxodos, etc.
Agora emprende camiño cara a territorios virxes con grandiosas paisaxes, descubrindo unha fauna e flora silvestres no marco dun proxecto fotográfico xigantesco, tributo á beleza do planeta. O seu fillo Juliano, quen o acompañou nas súas últimas travesías, e Win Wenders, tamén fotógrafo, comparten con nos a súa ollada acerca da súa vida e da súa obra.

FICHA TÉCNICA

     Dirección: Juliano Salgado e Win Wenders
Guión: Juliano Salgado ,Win Wenders e David Rosier
Produción: David Rosier
Dirección de Fotografía: Hugo Barbier e Juliano Salgado
Montaxe: Maxine Goedicke e Rob Myers
Música: Laurent Petitgrand

Tráiler (español)



Tráiler (VOSE)



GALARDÓNS:
·   Festival de Cannes 2014: Premio Especial do Xurado “Un Certain Regard”
·   Festival de San Sebastián 2014: Premio do Público
·   Premios César 2014: Mellor Documental

NOMINACIÓNS:

· Premios Oscar 2015: Nominado a Mellor longametraxe documental
· Premios Goya 2015: Nominada a Mellor película europea
· Independent Spirit Awards 2014: Nominada a Mellor longametraxe documental

OS DIRECTORES:
Win Wenders (Dusseldorf, Alemaña, 1945)
Juliano Salgado (París, Francia, 1974)

(Arriba esquerda) Wim Wenders, (arriba dereita) Juliano Salgado.
(Abaixo) Os directores con Sebastião Salgado (centro)

Win Wenders, tras rematar os seus estudos en Filosofía decidiu marchar a París para converterse en pintor, pero acabou namorado do cine. Así ó voltar o seu país entrou a traballar para a United Artists en Dusseldorf, asistindo posteriormente á Escola de Cine e Televisión de Munich.
Tras dirixir varios filmes, acada éxito internacional con El amigo americano (1977), co que entra a formar parte da nova xeración de directores alemáns dos anos 70. A partir de aí, longametraxes coma París, Texas (1984), El cielo sobre Berlín (1987)  Tan lejos, tan cerca (1993) ou máis recentemente The Soul of a Man (2003) ou Pina (2011) cimentan o seu prestixio.

Juliano Ribeiro Salgado é fillo do fotógrafo brasileiro Sebastiao Salgado. A pesar de comezar a estudar Dereito, deixouno “porque no quería pasarme la vida sentado detrás de una mesa”. Así, acabou virando cara a filmación e coma director e director de fotografía. Debutou con Suzana, un documental para a cadea Arte.


Críticas
“Hai moitos momentos que crean emoción neste admirable documental sobre un home digno e un artista grande. (Carlos Boyero, El País)
“Fabuloso relato artístico, social, antropolóxico e etnográfico (…). Coma é costume nos documentais de Wenders, as súas pezas son un prodixio do tempo secuencial e do plano” (Javier Ocaña, El País)

“Non se trata dunha colección de fascinantes imaxes (…) É unha reflexión das desigualdades e das interrogantes que se formula este retratista da realidade.” (Lluís Bonet Mojica, La Vanguardia) 



E a próxima sesión: Maps to the Stars (David Cronenberg, 2014)
Twitter: @cineclubecarba





No hay comentarios:

Publicar un comentario

Buscar neste blog

A miña lista de blogs

  • Programación abril 2024 - Sesións de ciclo dos mércores Sesións especiais [+] Sesións de filmoteca IX Ciclo Colexio de médicos Sobrevivimos ao inverno e a febreiro. Cando a escurid...
    Hace 3 semanas
  • Larga ausencia... - *Un servidor es plenamente consciente de la ingente cantidad de tiempo que hace que no se digna a actualizar este humilde blog... Ahora bien, siempre digo ...
    Hace 9 años
  • - Mois boas!! Rematamaos a tempada cun programa dobre..por iso ides ver ao final moitos mais cortes do habitual, jeje: son dous progrmas especias, adicados a...
    Hace 10 años