miércoles, 30 de septiembre de 2015

Venres 9 de outubro. Sesión 171: Frío en Julio (Cold in July)



FRIO EN JULIO
Venres, 09 de outubro,  
20:00h (español) e 22:30h (VOSE)
Auditorio Municipal
109'
2014
Estados Unidos
Idade mínima recomendada: 16 anos



SINOPSE

Texas, 1989. Richard Dane, un tipo normal, pai de familia, mata unha noite en defensa propia a un ladrón que entrara na súa casa. O sheriff da cidade dalle parabéns  e o caso semella totalmente pechado, mais o pai do intruso, un exconvicto cun longo historial delitivo, chega á cidade disposto a vingar a morte do seu fillo.


FICHA TÉCNICA
       Dirección: Jim Mickle
Guión: Nick Damici e Jim Mickle, segundo a novela de Joe R. Lansdale
Produción: Rene Bastian, Adam Folk e Marie Savare
Dirección de Fotografía: Ryan Samul
Deseño de Producción: Russell Barnes
Montaxe: John Paul Horstman e Jim Mickle
Música: Jeff Grace
FICHA ARTÍSTICA
Michael C. Hall
Sam Shepard
Don Johnson
Vinessa Shaw
Nick Damici
Wyatt Russell
Bill Sage
Brianda Agramonte



TRAILER (español)



TRAILER (VO) (non o atopamos con subtítulos en español)


GALARDÓNS:
·    Festival de Sitges 2014: Fantàstic Òrbita Award Mellor Director (Jim Mickle)

O director, Jim Mickle 
(Pottstown, Pennsylvania, EEUU, 1979)




Decidiu ser director de cine tras ver El ejército de las tinieblas (Sam Raimi, 1992). Así, graduouse na universidade de Nova Iork en 2002, onde coñeceu a Nick Damici, actor e guionista co que Jim Mickle colaborou en ata catro películas, diante e detrás das cámaras. De feito, a súa primeira colaboración deu coma resultado o debut de ambos, na película Mullberry Street (2006).


Posteriormente seguiron traballando xuntos, Mickle na dirección e guión e Damici no guión e en papeis secundarios, en Stake Land (2010), Somos lo que somos (2013), particular adaptación  da película orixinal mexicana, e Frío en julio (2014)

Críticas
“Puntuada por xiros de guión que transforman radicalmente a historia (…) pretende evocar o cine de John Carpenter. (Jordi Costa, El País)
“Para fans de thrillers secos e estilizados (…) próxima as mostras máis audaces do xénero.” (Desirée de Fez, Fotogramas)

“A violencia é para os personaxes de Mickle e Damici unha forma de expresión, unha maneira de relacionarse co mundo.” (Tonio L. Alarcón, Dirigido por…) 


E a próxima sesión: La sal de la tierra  (Wim Wenders e Juliano Ribeiro Salgado, 2014)

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Buscar neste blog

A miña lista de blogs

  • Programación abril 2024 - Sesións de ciclo dos mércores Sesións especiais [+] Sesións de filmoteca IX Ciclo Colexio de médicos Sobrevivimos ao inverno e a febreiro. Cando a escurid...
    Hace 4 semanas
  • Larga ausencia... - *Un servidor es plenamente consciente de la ingente cantidad de tiempo que hace que no se digna a actualizar este humilde blog... Ahora bien, siempre digo ...
    Hace 9 años
  • - Mois boas!! Rematamaos a tempada cun programa dobre..por iso ides ver ao final moitos mais cortes do habitual, jeje: son dous progrmas especias, adicados a...
    Hace 10 años