lunes, 21 de septiembre de 2015

Sesión 170: "As altas presións" (Cinemas de Galicia)


AS ALTAS PRESIÓNS
Venres, 25 de Setembro,  
20:00h. e 22:30h.
Auditorio Municipal
95'
2014
España
Non recomendada para menores de 7 anos

SINOPSE

Miguel viaxa a Pontevedra, a súa cidade natal, co encargo de rexistrar as localizacións para unha película. O viaxe lévao de regreso ao lugar no que creceu, ao reencontro con vellos amigos, pero tamén á posibilidade dunha nova relación: Alicia, unha enfermeira que conseguirá sosegalo.
Miguel tentará levar a cabo o traballo aínda que case sempre prefira grabar aos lugareños cos que  se topa, os movementos e os rostros dos amigos, os trens pasando ou o mar.


FICHA TÉCNICA
Dirección: Ángel Santos
Guión: Ángel Santos e Miguel Gil
Produción: Daniel Froiz
Deseño de Produción: Jaoine Camborda
Dirección de Fotografía: Alberto Díaz
Montaxe: Fernando Franco
Música: Varios
FICHA ARTÍSTICA
Andrés Gertrúdix
Itsaso Arana
Diana Gómez
Juan Blanco
Marta Pazos
Hugo Torres
Xabier Deive



GALARDÓNS:

·   Festival de Sevilla 2014: Premio Jurado Campos “Las Nuevas Olas” (Mellor Película)


O director, Ángel Santos (Pontevedra, Galicia, 1976)

Licenciado en Historia Da Arte, realiza estudos de Dirección Cinematográfica no CECC. En activo dende 2002, aborda tanto a ficción coma o ensaio documental. Entre 2005 e 2011 compaxinou a realización de diversas curtametraxes coa crítica para diversos medios dixitais.
O súa primeira película foi Adolescentes (2011)

Ás veces un ten a impresión de que nunha película debería caber de todo. Poida que alguén o dixera xa…
Entón, en lugar de limitarse a ser un contedor para unhas liñas argumentais máis ou menos predicibles, ou un discurso ante unha audiencia pasiva, esa película debería semellarse máis a unha charla entre amigos na que se fale ao mesmo tempo e no mesmo ton das relacións sentimentais, das frustracións e ledicias da vida, das crises e do futuro.
As altas presións quere ser unha desas películas. Unha que pareza unha viaxe, na que o importante non sexa chegar dun punto a outro, senón o propio traxecto, a deriva. Un cine que parte do íntimo, que fale de nos coma individuos e como xeración, pero tamén coma un grupo de persoas facendo unha película aquí e agora. Con ilusión e esperanza.
Ángel Santos

Críticas

“Película maiúscula, falada en voz baixa, completamente libre de todo exhibicionismo e capaz de transmitir o complexo sen afectación nin narcisismo”, Jordi Costa, Fotogramas.
“Un dos exercicios de cine máis relucentes  do ano”, Luís Martínez, El Mundo.
“Unha triste, distinta e delicada película”, Javier Ocaña, El País


·   E a próxima sesión (venres, 9 de outubro): Frío en julio (Jim Mickle, 2014)


No hay comentarios:

Publicar un comentario

Buscar neste blog

A miña lista de blogs

  • Programación abril 2024 - Sesións de ciclo dos mércores Sesións especiais [+] Sesións de filmoteca IX Ciclo Colexio de médicos Sobrevivimos ao inverno e a febreiro. Cando a escurid...
    Hace 4 semanas
  • Larga ausencia... - *Un servidor es plenamente consciente de la ingente cantidad de tiempo que hace que no se digna a actualizar este humilde blog... Ahora bien, siempre digo ...
    Hace 9 años
  • - Mois boas!! Rematamaos a tempada cun programa dobre..por iso ides ver ao final moitos mais cortes do habitual, jeje: son dous progrmas especias, adicados a...
    Hace 10 años