20:00h (Versión en español)
23:00h (Versión Orixinal Subtitulada)
23:00h (Versión Orixinal Subtitulada)
PREZO ENTRADAS:
3€ ESTUDANTES/PARADOS/XUBILADOS
3€ ESTUDANTES/PARADOS/XUBILADOS
5€ TRABALLADORES
AUDITORIO MUNICIPAL DE O CARBALLIÑO
Galardóns:
Festival Internacional de
San Sebastián 2013: Premio TVE Otra Mirada
SINOPSE
Isabelle,
unha fermosa rapaza de 17 anos que pertence a unha familia de clase alta de
París, semella ter o mundo aos seus pés. Pero tras un verán no que a perda da virxindade
lle resulta decepcionante, embarcarase nunha viaxe de autodescubrimento sexual
a partir do outono, cunha dobre vida: estudante de día e prostituta de luxo
polas tardes.
FICHA TÉCNICA
Dirección: François Ozon
Guión: François Ozon
Produción: Eric & Nicolas Altermayer
Dirección de Fotografía: Pascal Marti
Deseño de Producción: Katia Wyszkop
Montaxe: Laure Gardette
Música: Philippe Rombi
|
FICHA ARTÍSTICA
Marine Vacth
Géraldine Pailhas
Fédéric Pierrot
Charlotte Rampling
Johan Leysen
Fatin Ravat
Nathalie Richard
Laurent Delbecque
|
TRÁILER ESPAÑOL
TRÁILER VOS
O director, François Ozon
(París, Francia, 1967)
Diplomado en estudios cinematográficos, entrou en 1990 en La Fémis (Escola
de Cine de París) na área de realización.
Dende entón comezou realizar
numerosas películas en súper 8, vídeo, 16 e 35 mm. Moitas das súas
curtametraxes foron seleccionadas en festivais internacionais. Debutou no mundo
da longametraxe con Sitcom (1998), presentada na sección oficial do festival de
Cannes. A esta seguiron outras películas coma 8 mujeres (2001), La
piscina (2003) ou El refugio (2010). As súas obras
soen caracterizarse por un humor enxeñoso e satírico, e un peculiar punto de
vista sobre a sexualidade humana.
A súa película anterior, En la casa (2012), gañou a Concha de
Oro no festival de San Sebastián.
Críticas
“Ten o mellor de François Ozon (…) un director a quen cando lle saen ben as
cousas ten un punto hipnótico, moi inquedante” (Carlos Boyero, El País)
“A brillantez e risco da proposta de Ozon consiste en alonxarse de patróns
(…) Incómoda, no mellor dos sentidos. Fire, intriga e despista. ” (Luís Martínez,
El Mundo)
“Ozon narra o espertar, non exactamente ao sexo, senón ao poder que otorga
o sexo cando se xuntan as dúas palabras do título.” (E. Rodríguez Marchante, Diario ABC)