Auga, terra... aire (A bolsa)
20:00 e 23:00
VENRES 7 DE NOVEMBRO
Curtametraxe
Contaremos coa presenza en ámbas sesións de Pablo Banga (fotografía e edición) e Pablo Casal (guión e dirección)
A curta trata da perdurabilidade dos obxectos que nos rodean. É unha crítica á sociedade de consumo, ao “só un uso” de moitos dos materiais que se desbotan á primeira de cambio. A protagonista é unha bolsa de plástico azul típica dos pequenos establecementos de comestibles. Durante os, aproximadamente, 13 minutos que dura este traballo, desprazarase polos tres elementos (terra, auga e aire) e protagonizará diferentes situacións (cotiás e non tanto) que esperamos cheguen a ter a repercusión que perseguimos.
A banda sonora foi composta para a ocasión polo grupo 2us e o tema principal chamase “bolswing”.
Presentación da curtametraxe en Gondomar, onde foi rodada
O director, Pablo Casal Nuñez
Pablo Casal Núñez é licenciado en Educación Física pola Universidade da Coruña. Senderista e corredor de montaña, leva percorrendo dende hai máis de trinta anos diferentes espazos naturais. Colaborador dende o 2003 na organización das carreiras de orientación organizadas pola Universidade de Vigo e no Lago Castiñeiras; así como no “Proxecto Ríos” para os ríos do Miñor, nomeadamente no ámbito do río Zamáns. Membro do Instituto de Estudos Miñaros.
Ten publicado: Educación Física ESO (Bahía Edicións, 1999), Educación Física (Proxecto curricular, ESO-Bacharelato, 1999), o Plano “Rutas Urbanas Saudables” (Concello de Vigo, 2010); Unidade Didáctica da Serra do Galiñeiro (IEM, 2013), así como diversas colaboracións en publicacións especializadas.
Descarga a sinopse da curta