20:00h
23:00h
23:00h
PREZO ENTRADAS:
3€ ESTUDANTES/PARADOS/XUBILADOS
3€ ESTUDANTES/PARADOS/XUBILADOS
5€ TRABALLADORES
AUDITORIO MUNICIPAL DE O CARBALLIÑO
Galardóns:
Festival Málaga 2014: 5 premios, incluíndo Mellor Película, Director e Actriz
SINOPSE
Alex e Sergi, unha sólida parella de Barcelona, acaricia a idea de ter un fillo, pero inesperadamente, Alex consegue unha beca de un ano en Los Ángeles, o que suporía un ano de relación a 10.000 kilómetros de distancia.
FICHA TÉCNICA
Dirección: Carlos Marqués-Marcet
Guión: Carlos Marqués-Marcet e Clara Roquet
Produción: Toño Folguera e Sergi Moreno
Dirección de Fotografía: Dagmar Waver-Madsen
Deseño de Producción: Laia Ateca
Montaxe: Juliana Montañés e Carlos Marqués-Marcet
FICHA ARTÍSTICA
Natalia Tena
David Verdaguer
TRÁILER
Nacido e formado en Barcelona, a personalidade de Carlos Marques-Marcet como cineasta comezou a desenvolverse moi cedo. O éxito obtido coas súas primeiras curtametraxes permítelle participar en talleres de cine xunto a grandes directores como Victor Erice ou Abbas Kiarostami.
Tras obter a beca da Fundación la Caixa, instálase en Los Ángeles para cursar estudios de máster de dirección cinematográfica na facultade de cine e televisión de UCLA. Na súa traxectoria americana realizou varias curtametraxes, destacando I’ll be alone (2010) e Yellow Ribbon (2012) premiada en múltiples festivais e pola asociación de Directores Norteamericanos, a prestixiosa DGA. 10.000 km é o seu debut no mundo das longametraxes.
Carlos es membro fundador de La Panda Productions.
CRÍTICAS
“Unha película de prantexamento aparentemente sinxelo pero de moi longo alcance (…) un relato emocionante e doente” (Álex Montoya, Fotogramas)
“O film reflexiona igualmente sobre todos os dilemas que envolven unha relación de parella, as metas antagónicas, as necesidades que se aplacan e as urxencias que devoran, con ou sen Skype. ” (Quim Casa, Dirigido por…)
“A autopsia a unha relación tan cercana e lonxana a un tempo (…) A parella protagonista é espléndida.” (E. Rodríguez Marchante, Diario ABC)