¡A LA MESA!
Título orixinal - Les garçons et Guillaume, á table!
(Francia, 2013)
Non recomendada para menores de 7 anos
85 MINUTOS
VENRES 31 DE OUTUBRO
20:00h (Versión en español)
23:00h (Versión Orixinal Subtitulada)
20:00h (Versión en español)
23:00h (Versión Orixinal Subtitulada)
PREZO ENTRADAS:
3€ ESTUDANTES/PARADOS/XUBILADOS
3€ ESTUDANTES/PARADOS/XUBILADOS
5€ TRABALLADORES
AUDITORIO MUNICIPAL DE O CARBALLIÑO
AUDITORIO MUNICIPAL DE O CARBALLIÑO
Galardóns:
Premios Cesar 2014: 5 premios, incluíndo Mellor
Película e Mellor Actor
O primeiro recordo que teño da miña nai é de cando tiña catro ou cinco anos: chamábanos aos meus dous irmáns e a min dicindo
“Nenos, Guillaume, ¡a cear!”, e a última vez que falei con ela por teléfono
colgou dicindo “Cóidate, miña rapaza grande”. E entre eses dous momentos houbo
un bo número de malentendidos.
Película biográfica con toques
de comedia sobre o cineasta Guillaume Gallienne, centrándose na estreita relación que tiña coa súa nai.
|
O director, Guillaume Gallienne
(Neuilly-sur-Seine, Francia, 1972)
Actor francés que descobre o seu gusto pola comedia moi novo, tras
licenciarse en Historia, comezando a estudar no Conservatorio Superior Nacional
de Arte Dramático. Tras anos actuando en pequenos papeis e en anuncios para a
televisión, o gran público comeza a
fixarse nel a raíz de Jet Set
(2000), de Fabien Onteniente.
Ademais de actor, tamén toca outros medios: Radio, lendo texto para France
Inter; ballet, escribindo o libreto de Calígula,
para o bailarín Nicolas Le Riche e axudando na coreografía de Ilusiones Perdidas, para o ballet do
Bolshoi; televisión, participando no programa de Canal + Le Grand Journal.
En 2008 estrea un espectáculo titulado Le
garçons e Guillaume á table!, no
que rememora con humor a súa infancia, a súa educación e os traumas que lle
puideron crear. 5 anos despois, adapta ese espectáculo ao cine, obtendo 10
nominacións aos premios Cesar da Cinematografía Francesa, e recibindo os de
Mellor Director e Mellor Actor.