CICLO CINE INFANTO-XUVENIL
Como preámbulo dunha nova tempada en Cineclube Carballiño, este mes de setembro traemos, en colaboración coa Comisión de Festas do San Cibrao 2014, catro películas para todos os públicos.
HORARIO E PREZOS
Todas as sesións ás 17:30
Adultos: 2€
Nenos: 1€
PELÍCULAS
Domingo 14 - "La Lego Película"
Luns 15 - "Futbolín"
Martes 16 - "Cómo entrenar a tu dragón"
Mércores 17 - "Capitán América (El soldado de invierno)"
"LA LEGO PELÍCULA"
Digna para os máis nostálxicos, estas pequenas figuras formaron parte de moitas infancias e agora regresan en forma de película para toda a familia. Se es dos que disfrutabas delas como se non houbera un mañá, recomendámosche que volvas a revivir eses momentos de maxia e que, de paso, arrastres a toda a familia contigo a esta oportunidad única de velos na gran pantalla.
SINOPSE
Conta a historia de Emmet, unha figuriña LEGO absolutamente normal e fiel ás normas que é identificada por error como a persona máis
extraordinaria e a clave para salvar ao mundo. Vese entonces inmerso nunha búsqueda épica para deter a un malvado tirano xunto a un grupo
de descoñecidos, unha aventura para a que Emmet non está preparado en
absoluto.
LUNS 15 - FUTBOLÍN
O invento galego por predilección xa ten a súa película. Moitas tardes pasaron competindo ó redor deste xenial xogo.
SINOPSE
SINOPSE
Amadeo é un rapaz tímido e virtuoso que deberá enfrontarse sobre o campo de fútbol, a un
habilidoso rival, coñecido co apodo de "El
Crack". Para iso, contará coa inestimable axuda duns xogadores de
futbolín liderados por Wing, un carismático extremo dereito. As aventuras de Amadeo e os jugadores terán como telón de fondo non só o fútbol, senón tamén o amor, a amizade e a paixón.
MARTES 16 - CÓMO ENTRENAR A TU DRAGÓN
Vikingos e dragóns fan a combinación perfecta para unha película de 98 minutos de entretemento sen fin. Cunha nota de 7,3 en Filmaffinity, está película convértese nunha excelente elección para a tarde do martes.
SINOPSE
Ambientada no mítico mundo dos rudos vikingos e os dragóns
salvaxes, e basada no libro infantil de Cressida Cowell, esta comedia
de acción narra a historia de Hipo, un vikingo adolescente que non encaixa exactamente na antiquísima reputación da súa tribu de cazadores de dragóns. O mundo de Hipo trastócase ao atopar un
dragón que o desafía a el e aos seus compañeiros vikingos a ver o mundo
desde un punto de vista totalmente diferente.
MÉRCORES 17 - CAPITÁN AMÉRICA (O Soldado de Inverno)
Segunda parte dunha das mellores películas de superheroes Marvel deste ano. Se es fan destas sagas, non a podes perder.
SINOPSE
Tralos devastadores acontecementos acaecidos en Nova Iork con "Los
Vengadores", Steve Rogers, alias "O Capitán América", vive tranquilamente
en Washington D.C. intentando adaptarse ao mundo moderno. Pero cando
atacan a un colega de S.H.I.E.L.D., Steve vese envolto nunha trama de
intrigas que representa unha ameaza para o mundo. Unirase entón á "Viuva Negra" para desenmascarar aos conspiradores. Cando por fin
descubren a magnitude da trama, unirase a eles "O Falcón". Os tres
terán que enfrontarse a un inimigo inesperado e extraordinario: "O Soldado de Inverno"
E estas son as 4 películas que nos acompañarán durante as Festas do San Cibrao e farán as delicias de todos os membros da familia. Diversión e acción a raudais. Unha combinación gañadora. ;)
E, recordade cinéfil@s, en o 26 deste mes vémonos as caras de novo con "Ninphomaniac II".
:) Unha forte aperta e a disfrutar de cada momento. :)
:) Unha forte aperta e a disfrutar de cada momento. :)