martes, 24 de junio de 2014

 

NYMPHOMANIAC


NO RECOMENDADA PARA MENORES DE 18 ANOS

115 MINUTOS

VENRES 27 DE XUÑO

20:00h e 23:00h

BONO MENSUAL: 5€ ESTUDANTES/ PARADOS/XUBILADOS OU 10€ TRABALLADORES

ENTRADA INDIVIDUAL: 2,5€ ESTUDANTES/PARADOS/XUBILADOS E 5€ TRABALLADORES

BONO DE 5 PELICULAS: 10€ ESTUDANTES/PARADOS/XUBILADOS E 20€ TRABALLADORES

AUDITORIO MUNICIPAL DE O CARBALLIÑO





                                SINOPSE



Historia dunha ninfómana, contada por ela.
Unha fría noite invernal, un vello solteirón atopa nunha canella a unha rapaza ferida e case inconsciente. Despois de recollela e coidala, sinte curiosidade por saber como puido chegar a semellante situación; escoitará atentamente o relato da súa vida, unha vida chea de conflitos e turbias relacións.






                                        TRAILER




CRÍTICAS INTERNET
CRÍTICAS ESPECTADORES
CRÍTICAS REVISTAS

FICHA TÉCNICA

Director: Lars Von Trier
FotografíaManuel Alberto Claro
 

O DIRECTOR

Lars Von Trier

(Cophenague, Dinamarca, 1956)
 
Criado nun ambiente cinéfilo, aos 11 anos xa filmaba amigos en producións caseiras.

Graduado na Escola de Cine de Copenhague, debuta co film The Element of Crime (1984). En 1987 dirixe Epidemic, pero será a súa terceira película, Europa (1991) a que consegue chamar a atención dos espectadores, así coma recoñecemento cinematográfico. Porén, a súa seguinte obra será unha miniserie para a televisión danesa: Riget (El Reino), no ano 1994.No ano 1995, xunto co director Thomas Vinterberg, funda o colectivo Dogma 95, exhortando ó regreso a historias máis cribles na industria fílmica, apartándose dos efectos especiais e dirixíndose principalmente cara a un uso técnico mínimo. Así, cámara en man, dirixe Rompiendo las olas (1996) e Los idiotas (1998).

No ano 2000 afástase radicalmente do Dogma 95 con Bailar en la oscuridad, na que chega a usar máis de 100 cámaras dixitais fixas. Nun novo cambio de rumbo, no ano 2003 dirixe Dogville, película sen escenario, encadrada na súa triloxía sobre América (composta tamén por Manderlay (2005), e que completará con Washington, aínda sen data). Tras Anticristo (2009) e Melancolía (2011), presenta Nymphomaniac, obradividida en dúas partes para a súa estrea comercial, pechando con ela a súa triloxía sobre a depresión.

Buscar neste blog

A miña lista de blogs

  • Programación xaneiro e febreiro de 2025 - Filmoteca Sesións dos mércores Sesións maxistrais Desde que acabamos as proxeccións a principios do mes pasado, fóronse acumulando historias, sensacións, ...
    Hace 3 semanas
  • Larga ausencia... - *Un servidor es plenamente consciente de la ingente cantidad de tiempo que hace que no se digna a actualizar este humilde blog... Ahora bien, siempre digo ...
    Hace 10 años
  • - Mois boas!! Rematamaos a tempada cun programa dobre..por iso ides ver ao final moitos mais cortes do habitual, jeje: son dous progrmas especias, adicados a...
    Hace 11 años