sábado, 9 de noviembre de 2013

INCH' ALLAH

INCH' ALLAH
NRM - 12 anos
101 MINUTOS
VENRES 15 de novembro de 2013
20:00 E 23:00
BONO MENSUAL 5€ ESTUDANTES/ PARADOS/XUBILADOS OU 10€ TRABALLORES
ENTRADA INDIVIDUAL 2,5€ ESTUDANTES/PARADOS/XUBILADOS E 5€ TRABALLADORES
BONO DE 5 PELICULAS POR 10€ PARA ESTUDANTES/PARADOS/XUBILADORES E 20€ PARA TRABALLORES

AUDITORIO MUNICIPAL DE CARBALLIÑO
 SINOPSE

Nun campo de refuxiados palestinos en Cisxordania, Chloé, unha rapaza canadense, coida mulleres embarazadas. A súa relación con persoas que se atopan a ambos lados do muro e dos puntos de control do campo farán cambiar as súas crenzas e conviccións.

Dividida entre os dous bandos, Chloé tenta construír pontes entre os seus amigos, israelís e palestinos, pero sufrindo por elo permanecer perpetuamente coma unha estraña para todos


FICHA TÉCNICA

Dirección: Anaïs Barbeau-Lavalette
Guión: Anaïs Barbeau-Lavalette
Producción: Luc Déry e Kim Mccraw
Dirección de Fotografía: Philippe Lavalette
Deseño de Producción: André-Line Beauparlant
Montaxe: Sophie Leblond

Música: Lévon Minassian

Título orixinal: Inch’Allah
Duración: 101’
Ano: 2012
País: Canadá
Idioma: VOS
FICHA ARTÍSTICA

Evelyne Brochu
Sabrina Ouazani
Sivan Levy
Yousef “Joe” Sweid
Hammoudeh Alkarmi
Zorah Bernali
Carlo Brandt
Marie-Thérèse Fortin
GALARDÓNS:

·   Festival Internacional de Berlín: Premio FRIPESCI e Mención Especial do Xurado


               A directora, Anaïs Barbeau-Lavalette (Quebec, Canada, 1979)

Directora, guionista, directora de fotografía, directora de segunda unidade… a paixón de Anaïs Barbeau-Lavalette polo cine ven de familia (filla dun director de fotografía e dunha directora de documentais) e dende moi rapaza, aínda que ao principio como actriz.
A partir do ano 2000 comeza a dirixir documentais, coma Les petits princes des bidonvilles (2000), Buenos Aires, no llores (2001) ou Si j’avais un chapeau (2005). E no ano 2007, dirixe a súa primeira película, Le ring.

                 

CRÍTICAS

“O conflito irreparable (…) A cámara, áxil, nerviosa, case sempre fixa nos rostros, que contan todo, que din todo, filma unha realidade que asusta” (Javier Ocaña, El País)

“Un drama desgarrado, realista, implacable (…) intenta comprender a motivacións tras o terrorismo suicida, pero quizais faga un mellor traballo ao remarcar o fracaso dos nosos (benintencionados ou non) prexuízos occidentais” (Noel Ceballos, Fotogramas)

“O film vai do mais epidérmico (os atentados, o estado de terror) ao mais xeral (o conflito entre israelís e palestinos) pasando polos rastros dunha experiencia persoal, a da doutora que tenta ao seu modo estreitar lazos, sabendo que aínda que o consiga non será mais que unha vitoria menor no contexto dunha guerra perdida ” (Quim Casas, Dirixido por…)

 

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Buscar neste blog

A miña lista de blogs

  • Programación abril 2024 - Sesións de ciclo dos mércores Sesións especiais Sesións de filmoteca IX Ciclo Colexio de médicos Sobrevivimos ao inverno e a febreiro. Cando a escuridade ...
    Hace 2 días
  • Larga ausencia... - *Un servidor es plenamente consciente de la ingente cantidad de tiempo que hace que no se digna a actualizar este humilde blog... Ahora bien, siempre digo ...
    Hace 9 años
  • - Mois boas!! Rematamaos a tempada cun programa dobre..por iso ides ver ao final moitos mais cortes do habitual, jeje: son dous progrmas especias, adicados a...
    Hace 10 años