miércoles, 20 de noviembre de 2013

The Act of Killing

THE ACT OF KILLING
NRM - 16 anos
115 MINUTOS
VENRES 22 de novembro de 2013
20:00 E 23:00
BONO MENSUAL 5€ ESTUDANTES/ PARADOS/XUBILADOS OU 10€ TRABALLORES
ENTRADA INDIVIDUAL 2,5€ ESTUDANTES/PARADOS/XUBILADOS E 5€ TRABALLADORES
BONO DE 5 PELICULAS POR 10€ PARA ESTUDANTES/PARADOS/XUBILADORES E 20€ PARA TRABALLORES

AUDITORIO MUNICIPAL DE CARBALLIÑO
 SINOPSE

No ano 1965 houbo un golpe de estado militar en Indonesia que puxo no poder ao xeneral Suharto.

Tras a subida ao poder do exército, chegou o xenocidio: miles de comunistas, reais ou presuntos, foron asasinados por escuadróns da morte.
Unhas décadas despois, o pasado pervive e un relato perpetuase. Pero nada será igual despois deste film.



FICHA TÉCNICA

Dirección: Joshua Oppenheimer, Christine Cynn e máis anónimos.
Guion: Joshua Oppenheimer e Christine Cynn.
Producción: Joshua Oppenheimer e Signe Byrge Sorensen
Dirección de fotografía: Carlos Arango de Montis, Lars Skree e máis anónimos.
Deseño de producción: Anónimo
Montaxe: Nils Pagh Andersen, Erik Andersson, Charlotte Munch Bengsten, Janus Bileskov Jansen, Ariadna Fatjó-Vilas e Mariko Montpetit
Música: Lévon Minassian

Título orixinal: The Act of Killing
Duración: 115’
Ano: 2012
País: Dinamarca
Idioma: VOS
FICHA ARTÍSTICA
 (todos  se interpretan a si mesmos)
Haji Anif
Syamsul Arifin
Sakhyan Asmara
Anwar Congo
Jusuf Kalla
Herman Koto
Haji Marzuki
Safit Pardede

GALARDÓN

·   Festival Internacional de Berlín: Mellor Documental e Premio Panorama




O director, Joshua Oppenheimer (Texas, EEUU, 1974)

Leva traballando durante décadas con milicias, escuadróns da morte e as súas vítimas para explorar a relación entre a violencia política e a imaxinación pública.

Educado en Harvard e Central St. Martins (Londres), a súa obra contén  innumerables curtametraxes e longametraxes premiados por todo o mundo, como The Entire History of the Louisiana Purchase (1998) ou The Globalization Tapes (2003, co-dirixida tamén con Christine Cynn).

CRÍTICAS

“Se queremos transformar Indonesia na democracia que afirma ser, os cidadáns deben recoñecer o terror e a represión sobre os que a nosa historia contemporánea foi construída. Ningún film ou calquer outra peza de arte fixo isto de forma mais efectiva que The Act of Killing. De visión obrigada para todos nos” (A Comisión dos Dereitos Humanos para Indonesia.)

“Un dos documentais mais orixinais e impactantes que se recordan (…) obra magnífica (…) unha experiencia cinematográfica desconcertante” (Nando Salvá, El Periódico)

“Un fascinante documental que abouxa ó espectador (…) valente mirada ó corazón do mal” (Manuel Yáñez Murillo, Fotogramas)
“Un durísimo, terrible exercicio de cinema verité que pode resultar incómodo para espectadores sensibles” (Lluís Bonet Mójica, La Vanguardia)

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Buscar neste blog

A miña lista de blogs

  • Programación abril 2024 - Sesións de ciclo dos mércores Sesións especiais [+] Sesións de filmoteca IX Ciclo Colexio de médicos Sobrevivimos ao inverno e a febreiro. Cando a escurid...
    Hace 4 semanas
  • Larga ausencia... - *Un servidor es plenamente consciente de la ingente cantidad de tiempo que hace que no se digna a actualizar este humilde blog... Ahora bien, siempre digo ...
    Hace 9 años
  • - Mois boas!! Rematamaos a tempada cun programa dobre..por iso ides ver ao final moitos mais cortes do habitual, jeje: son dous progrmas especias, adicados a...
    Hace 10 años