martes, 5 de noviembre de 2013

UNA CASA EN CÓRCEGA

UNA CASA EN CÓRCEGA
NRM - 7 anos
83 MINUTOS
VENRES 8 de novembro de 2013
20:00 E 23:00
BONO MENSUAL 5€ ESTUDANTES/ PARADOS/XUBILADOS OU 10€ TRABALLORES
ENTRADA INDIVIDUAL 2,5€ ESTUDANTES/PARADOS/XUBILADOS E 5€ TRABALLADORES
BONO DE 5 PELICULAS POR 10€ PARA ESTUDANTES/PARADOS/XUBILADORES E 20€ PARA TRABALLORES

AUDITORIO MUNICIPAL DE CARBALLIÑO
 SINOPSE

Christina, unha rapaza de trinta anos, traballa como camareira e ten unha vida aburrida xunto ó seu noivo, Marco. Cando a avoa de Christina morre, déixalle a súa casa en Córsega. Ninguén semella saber como ou cando a anciá comprou a casa. E mentres a familia e o noivo tentan convencela para que a venda, Christina quere entender por qué a súa avoa quería que tivera esa casa. 


Esa herdanza dálle a oportunidade de poñer en tela de xuízo a súa monótona vida, decidindo abandonar a súa antiga vida para descubrir a casa, nun viaxe cambiará  a súa vida e a das persoas do seu redor.


FICHA TÉCNICA

Dirección: Pierre Duculot
Guión: Pierre Duculot
Producción: Denis Delcampe
Dirección de Fotografía: Hichame Alaoui Deseño de Producción: Françoise Joset Montaxe: Virgine Messiaen e Susana Rosberg

Título orixinal: Au cul du loup
Duración: 83’
Ano: 2011
País: Bélxica
Idioma: VOS

FICHA ARTÍSTICA

Christelle Cornil
François Vincentelli
Jean-Jacques Rausin
Pierre Nisse
Roberto D’Orazio
Marijke Pinoy
Cédric Eeckhout
William Dunker
GALARDÓNS:

Festival Internacional de Amiens: Mellor Película
 


               O director, Pierre Duculot (Lieja, Bélxica, 1964)

Debut no mundo das longametraxes deste director e guionista belga, pero que xa ten unha extensa carreira relacionada con cine: profesor de universidade, periodista de cine, secretario xeral de Wallonie Images Production, programador de festivais… Concretamente, traballou para o Festival de cine e do mundo rural de Lama, na Córsega Alta, de onde lle ven o seu amor por esa illa.

Antes desta longametraxe dirixira dúas curtas: Dormir au chaud (2006) e Dernier voyage (2007), ambas protagonizadas tamén por Christelle Cornil.

                 CRÍTICAS

“Concisa, sinxela película –que non simple- (…) A mirada de Duculot é a dun autor que pensa moito mais na súa historia e nas súas criaturas que en sí mesmo. (Javier Ocaña, El País)

“A cinta vai de menos a mais. Cun enfoque sinxelo (…) o desenlace é dunha fermosura que cala os ósos” (José Manuel Cuéllar, ABC)

 

 

http://www.filmaffinity.com/es/reviews/1/302955.html

http://cinemania.es/criticas/detalle/18075/una-casa-en-corcega

http://www.cinedivergente.com/criticas/una-casa-en-corcega

 

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Buscar neste blog

A miña lista de blogs

  • Programación abril 2024 - Sesións de ciclo dos mércores Sesións especiais [+] Sesións de filmoteca IX Ciclo Colexio de médicos Sobrevivimos ao inverno e a febreiro. Cando a escurid...
    Hace 4 semanas
  • Larga ausencia... - *Un servidor es plenamente consciente de la ingente cantidad de tiempo que hace que no se digna a actualizar este humilde blog... Ahora bien, siempre digo ...
    Hace 9 años
  • - Mois boas!! Rematamaos a tempada cun programa dobre..por iso ides ver ao final moitos mais cortes do habitual, jeje: son dous progrmas especias, adicados a...
    Hace 10 años