EN LA CASA
(Non recomendada para menores de 12 anos)
VENRES 18 de XANEIRO de 2013
(Non recomendada para menores de 12 anos)
VENRES 18 de XANEIRO de 2013
20:00 e 23:00
2,5€ estudantes/parados/xubilados
5€ para traballadores
auditorio municipal de carballiño
auditorio municipal de carballiño
SINOPSE
Un profesor de literatura
francesa, desalentado e hastiado polas insulsas e torpes relacións cos seus
novos alumnos, descobre entusiasmado que o rapaz que senta ao fondo da clase
amosa nos seus traballos un agudo e sutil sentido da observación.
Este mozo, que se sinte
estrañamente fascinado pola familia dun dos seus compañeiros, escribirá,
animado polo profesor, unha especie de novela sobre esa familia (e tamén sobre
o profesor), na que será difícil distinguir entre a realidade e a ficción.
FICHA
Dirección: François Ozon
Guión: François Ozon, segundo a novela de Juan Mayorga, El
chico de la última fila.
Producción: Eric Altmeyer, Nicolas Altmeyer e Claudie
Osssard
Dirección de Fotografía: Jérôme Alméras
Deseño de Producción: Pascal Leguellec
Montaxe: Laure Gardette
Música: Phillippe Rombi
|
TECNICA
Título orixinal: Dans la maison
Duración: 105’
Ano: 2012
País: Francia
Idioma: Español
|
FICHA ARTÍSTICA
Fabrice
Luchini
Ernst Umhauer
Kristin
Scott-Thomas
Emmanuelle
Seigner
Diana Stewart
Denis
Ménochet
Fabrice
Colson
Bastien
Ughetto
|
Galardóns:
·
Festival
de San Sebastián: Concha de Oro á Mellor Película e Mellor Guión
·
Festival de
Toronto: Premio
FRIPESCI
Diplomado en estudios cinematográficos, entrou en 1990 en La Fémis (Escola
de Cine de París) na área de realización.
Dende entón comezou realizar
numerosas películas en súper 8, vídeo, 16 e 35 mm. Moitas das súas
curtametraxes foron seleccionadas en festivais internacionais. Debutou no mundo
da longametraxe con Sitcom (1998), presentada na sección oficial do festival de
Cannes. A esta seguiron outras películas coma 8 mujeres (2001), La
piscina (2003) ou El refugio (2010). As súas obras
soen caracterizarse por un humor enxeñoso e satírico, e un peculiar punto de
vista sobre a sexualidade humana.
CRÍTICAS
“Unha
película misteriosa e excelente (…) Ozon crea unha apaixonante tela de araña,
coroada cun final en estado de gracia. Todo resulta hipnótico e perturbador” (Carlos
Boyero, El País)
“Ozon imparte unha verdadeira clase maxistral sobre a construcción do
relato (…)convertendo ese complexo exercicio de metaficción nunha novela de
misterio case clásica” (Sergi Sánchez, La Razón)
E a vindeira semana: ARGO
No hay comentarios:
Publicar un comentario