EL PROFESOR (DETACHMENT)
Sábado 12 de XANEIRO de 2013
(É en sabado por mor da gala do deporte que se celebra o venres)
20:00 e 23:00
2,5€ estudantes/parados/xubilados
5€ para traballadores
auditorio municipal de carballiño
auditorio municipal de carballiño
SINOPSE
Henry Bathes é un profesor que
posúe un auténtico don para conectar cos alumnos, pero prefire ignorar o seu
talento. Ó traballar coma profesor sustituto, nunca permanece bastante tempo
nun instituto como para manter unha relación afectiva cos alumnos ou
compañeiros.
Cando chega a un instituto
onde unha frustrada administración conseguiu volver completamente apáticos ós
adolescentes, Henry non tarda en converterse nun exemplo para os alumnos, e
incluso para os outros profesores. Especialmente para unha rapaza á que recolle
da rúa.
Por
fin Henry decátase de que non está só na súa busca desesperada da beleza neste
mundo aparentemente falto de amor e cheo de maldade.
FICHA
Dirección: Tony Kaye
Guión: Carl Lund
Producción: Bingo Gubeimann, Benji Kohn, Greg Shapiro, Chris
Papavasiliou e Austin Stark
Dirección de Fotografía: Tony Kaye
Deseño de Producción: Jade Healy
Montaxe: Barry Alexander Brown e Geoffrey Richman
Música: The Newton Brothers
|
TECNICA
Título orixinal: Detachment
Duración: 97’
Ano: 2011
País: EEUU
Idioma: Español
|
FICHA ARTÍSTICA
Adrien
Brody
Christina Hendricks
Marcia
Gay Harden
James
Caan
Lucy Liu
Bryan
Cranston
Blythe
Danner
William
Petersen
Tim
Blake Nelson
|
Canción da película "El profesor": "Empty" por Ray Lamontagne
O director, Tony Kaye (Londres, Inglaterra, 1952)
Tony Kaye é un director británico de cine, videoclips, anuncios e
documentais. Kaye foi nominado seis veces aos premios Grammy coma director,
gañando un en 2006 por un vídeo de Johnny Cash, God’s gonna cut you down.
O seu debut coma director de cine foi American
History X (1998), un drama sobre o racismo, protagonizada por Edward Norton, que recibiu unha nominación como mellor actor
por ela. Outra das súas obras destacadas é Lake
of Fire (2006), un documental sobre o aborto nos Estados Unidos,que lle levou 18 anos completala.
Kaye tamén realiza a fotografía dos seus traballos.
E a vindeira semana: En la casa (François Ozon, 2012)
No hay comentarios:
Publicar un comentario