lunes, 21 de enero de 2013

Película 25 de xaneiro: ARGO

ARGO
(Non recomendada para menores de 7 anos)
VENRES 25 de XANEIRO de 2013
20:00 e 23:00
2,5€ estudantes/parados/xubilados 
5€ para traballadores 
auditorio municipal de carballiño
SINOPSE

O 4 de novembro de 1979, mentres a revolución irana alcanzaba seu punto álxido, algúns militantes irromperon na embaixada dos Estados Unidos en Teherán tomando 52 reféns. Na metade do caos, 6 deles logran escapar e refuxiarse na casa do embaixador do Canadá.
Sabendo que só é cuestión de tempo que os atopen, os gobernos canadense e americano solicitan á CIA que interveña. Así, recorren ao especialista Tony Mendez, que traza un plan tan inverosímil  que só podería saír ben nunha película…

                                              
                                                                              FICHA

Dirección: Ben Affleck
Guión: Chris Terrio, segundo unha selección de The Master of Disguise, de Antonio Mendez e o artigo da revista Wired, The Great Escape de Joshua Bearman
Producción: Grant Heslow, Ben Affleck e George Clooney
Dirección de Fotografía: Rodrigo Prieto
Deseño de Producción: Sharon Seymour
Montaxe: William Goldenberg
Música: Alexandre Desplat

TECNICA

Título orixinal: Argo
Duración: 120’
Ano: 2012
País: EEUU
Idioma: Español
               
                FICHA  ARTÍSTICA
               
                Ben Affleck
                Bryan Cranston
                Alan Arkin
                John Goodman
                Victor Garber
                Tate Donovan
                Clea DuVall
                Scott McNairy
               
               




Galardóns:
Globos de Oro: Mellor Película e  Mellor Director



O director, Ben Affleck (Berkeley, California, EEUU, 1972)



Comezou actuando xa dende moi neno, no ano 1984, na miniserie The Voyage of the Mimi. Tamén desa época ven a súa amizade co actor Matt Damon. Ambos facían pequenos papeis en series ou películas para a TV. O seu salto xa á gran pantalla é Movida del 76 (1993), que lle permite entrar no circuíto independente, onde protagoniza dúas longametraxes de Kevin Smith: Mallrats (1995) e Persiguiendo a Amy (1997).
Porén, o seu verdadeiro salta á fama chega co oscar ao mellor guión por El indomable Will Hunting (1997), co-escrito xunto con Matt Damon, convertendo a dous actores semidescoñecidos en estrelas.
Ben Affleck continúa coa sua exitosa carreira coma actor, pero no ano 2007 debuta na dirección de longametraxes con Adios, pequeña, adios (da que tamén escribe o guión) con gran éxito de crítica. The Town, ciudad de ladrones (2010) sería a súa seguinte película ata Argo (2012).

CRÍTICAS

Funciona coma un reloxo suízo (…) Affleck dirixe as secuencias de acción con man firme e gradúa a tensión do clímax coma o Hitchcock de Cortina Rasgada” (Sergi Sánchez, La Razón)
“Un thriller eficaz sobre a liberación dos reféns; unha comedia brillante ó redor de Hollywood e os seus delirios de antes” (Luis Martínez, El Mundo)
“Coma film de intriga, funciona con gran precisión. Apartadas as atmosferas antes que os feitos, Affleck entrégase ó pracer de narrar por narrar, especialmente na súa espléndida media hora final” (Quim Casas, Dirigido por…)

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Buscar neste blog

A miña lista de blogs

  • Programación abril 2024 - Sesións de ciclo dos mércores Sesións especiais [+] Sesións de filmoteca IX Ciclo Colexio de médicos Sobrevivimos ao inverno e a febreiro. Cando a escurid...
    Hace 4 semanas
  • Larga ausencia... - *Un servidor es plenamente consciente de la ingente cantidad de tiempo que hace que no se digna a actualizar este humilde blog... Ahora bien, siempre digo ...
    Hace 9 años
  • - Mois boas!! Rematamaos a tempada cun programa dobre..por iso ides ver ao final moitos mais cortes do habitual, jeje: son dous progrmas especias, adicados a...
    Hace 10 años