lunes, 5 de noviembre de 2012

EL ILUSIONISTA


EL ILUSIONISTA
VENRES 9 DE NOVEMBRO
18:00, 20:00 E 23:00
AUDITORIO MUNICIPAL DE CARBALLIÑO
ENTRADAS DESDE 2,5€ E BONOS MENSUAIS DESDE 5€
SINOPSE
A historia dun estilo de maxia que está desaparecer, dun estilo de entretemento que está a ser sustituido por emerxentes estrelas do rock.
Obrigado a aceptar traballos en locais cada vez mais pequenos, en xardíns e ata en bares, o Ilusionista francés viaxará a Escocia, onde coñecerá a unha rapaza á que trata de non defraudar, xa que está convencida de que os seus trucos son reais.
Este encontro cambiará as súas vidas para sempre.

FICHA TÉCNICA
Dirección: Sylvain Chomet
Guión: Sylvain Chomet, segundo unha historia de Jacques Tati
Producción: Sally Chomet e Bob Last
Montaxe: Sylvain Chomet
Música: Sylvain Chomet

Título orixinal: L’illusioniste
Duración: 76’
Ano: 2010
País: Francia
Idioma: Español






Galardóns:
Premios Cesar da Cinematografía Francesa: Mellor película de animación
Premios do Cine Europeo: Mellor película de animación
Premio do Cícrculo de Críticos de Nueva York: Mellor película de animación


O director, Sylvain Chomet (Maisons Laffitte, Francia, 1963)
Estudou arte na universidade, graduándose en 1982. En 1986 publica o seu primer cómic Secrets of Dragonfly. No ano 1988 múdase a Londres para traballar de animador no estudio de Richard Purdum, aínda que tamén realiza traballos autónomos.
A mediometraxe La anciana y las palomas (1997) é o seu début coma director, xa instalado en Canadá. Sen abandonar o mundo do cómic, onde acada o prestixioso premio do Festival de Angoulême co cómic Ugly, Poor and Sick (1997), continua tamén dirixindo, obtendo unha nominación aos Oscars pola longametraxe Bienvenidos a Belleville (2003).
Un segmento de Paris, je t’aime (2006) e O ilusionista (2010) son os seus últimos traballos ata o momento.
CRÍTICAS
“Emocionalmente desgarradora e xenialmente anticuada tanto no estético coma no temático” (Nando Salvá, El Periódico)
“Facendo unha comedia de Tati, Chomet revalida a súa estatura coma mestre da animación” (Jordi Battle Caminal, La Vanguardia)
“En homenaxe a Jacques Tati, Chomet creou unha exquisita e suave comedia, un film elexíaco” (Philip French, The Guardian)

 Se che gustou, recomendámosche tamén: Cinema Paradiso (Giuseppe Tornatore, 1988) ou Ponyo en el acantilado (Hayao Miyazaki, 2008)

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Buscar neste blog

A miña lista de blogs

  • Programación abril 2024 - Sesións de ciclo dos mércores Sesións especiais [+] Sesións de filmoteca IX Ciclo Colexio de médicos Sobrevivimos ao inverno e a febreiro. Cando a escurid...
    Hace 4 semanas
  • Larga ausencia... - *Un servidor es plenamente consciente de la ingente cantidad de tiempo que hace que no se digna a actualizar este humilde blog... Ahora bien, siempre digo ...
    Hace 9 años
  • - Mois boas!! Rematamaos a tempada cun programa dobre..por iso ides ver ao final moitos mais cortes do habitual, jeje: son dous progrmas especias, adicados a...
    Hace 10 años