AMOR BAJO EL ESPINO BLANCO
Venres, 2
de novembro.20:00h. e 23:00h
Auditorio Municipal
Desde 2,5€/entrada. Bono mensual desde 5€
SINOPSE
Jing é unha colexiala inxenua
da cidade que debe trasladarse a un remoto pobo da montaña para a súa
“reeducación” durante a Revolución Cultural china. O seu pai foi encarcerado
por ser de dereitas e a súa nai loita por alimentar ós seus 3 fillos. Jing sabe
que o seu futuro e o da súa familia depende do seu bo comportamento en opinión das autoridades.
Bastaría un pequeno erro para arruinar as súas vidas.
E a
súa prudente vida vese truncada cando se namora de Sun, o fillo dun militar de
elite. Debido á diferenza social que os separa, un romance é impensable e
perigoso. Mais a atracción é mutua, poderosa e innegable.
FICHA
Dirección: Zhang Yimou
Guión: Yin Lichuan e Gu Xiaobai, segundo a novela de Ai Mi
Producción: Hyuai Cao, William Kong, Hugo Shong e Weiping
Zhang
Dirección de Fotografía: Xiaoding Chen
Deseño de Producción: Ming Wu
Montaxe: Peicong Meng
|
TECNICA
Música: Qigang Chen
Son: Jing Tao
Título orixinal: Shan zha shu zhi lian
Duración: 114’
Ano: 2010
País: China
Idioma: Español
|
FICHA ARTÍSTICA
Zhou
Dongyu
Shawn Dou
Chen
Taisheng
Rina
Sa
Xi Meijuan
Li
Xuejian
Lü
Liping
Sun
Haiying
|
Galardons:
·
Festival de Valladolid (Seminci): Mellor
actriz (Zhou Dongyu)
O director, Zhang Yimou (Xi’an, China, 1951)
Fillo dun xeneral do exército chino, durante a Revolución
Cultural abandonou os estudos e integrouse nunha granxa de traballo, onde
durante dez anos traballou coma operario téxtil. Xa con 28 anos retoma os
estudios e gradúase en 1982 na Academia de Cine de Pekín.
Antes de director foi operario de cámara para Chen Kaige.
E en 1987 debuta na dirección con Sorgo
rojo, coa que gaña o Oso de Oro do Festival de Berlín. Dende ese momento
acada unha proxección internacional refrendada por longametraxes coma Semilla de crisantemo (1990), La joya de Shanghai (1995) ou El camino a casa (1999), amosando en
todas elas a figura predominante de mulleres fortes e decididas, e cunha
coidada e estilizada fotografía, que levaría ata límites poéticos nas súas
últimas películas coma Heroe (2002) ou
La casa de las dagas voladoras (2004).
No ano 2008 dirixe a cerimonia de apertura dos Xogos
olímpicos de Beijing.
“A película,
que flúe coma un río a base de capítulos unidos por clásicos fundidos a negro,
ten un dobre valor: o da delicadeza e o da coraxe” (Javier Ocaña, El País)
“Pequena e pura historia de amor do Yimou mais poético” (Irene Crespo,
Cinemanía)
“Magnífica demostración de que a partir dunha trama argumental do mais
sinxelo, un gran director coma Yimou é capaz de extraer un caudal de
suxerencias” (Tomás Fernández Valentí, Dirigido por…)
F Se che gustou, recomendámosche
tamén: Balzac y la joven costurera china
(Dai Sije, 2002) ou Tokio Blues (Tran Anh Hung, 2010 )
No hay comentarios:
Publicar un comentario