A ROMA CON AMOR
Venres 16 de novembro
20:00 e 23:00
Entradas desde 2,5€
Auditorio Municipal do Carballiño
SINOPSE
Catro historias independentes cun escenario común: Roma.
Na primeira, un matrimonio americano viaxa a Italia para coñecer a familia do prometido da súa filla.
Na segunda, un italiano faise famoso da noite á mañá se saber por qué.
Na terceira, un arquitecto californiano visita Roma cos seus amigos onde coñece a un estudante.
E na cuarta, unha recén casada pérdese na capital italiana, á que foi a visitar aos familiares do seu marido.
FICHA
Dirección: Woody Allen
Guión: Woody Allen
Producción: Faruk Alatan, Letty Aronson, Giampaolo Letta e
Stephen Tenenbaum
Dirección de Fotografía: Darius Khondji
Deseño de Producción: Anne Seibel
Montaxe: Alisa Lepselter
|
TECNICA
Música: Varios
Vestiario: Sonia Grande
Maquillaxe: Alessandro Bertolazzi
Título orixinal: To Rome with Love
Duración: 102’
Ano: 2012
País: EEUU
Idioma: Español
|
FICHA ARTÍSTICA
Woody
Allen
Alec Baldwin
Roberto
Benigni
Jesse
Eisenberg
Judy Davis
Greta
Gerwig
Ellen
Page
Alison
Pill
Penélope
Cruz
Ornella
Muti
Carola
Alt
|
O director, Woody Allen (Brooklyn, Nova York, EEUU, 1935)
Nado como Allen Stewart Konigsberg, rebautizouse Woody Allen aos 15 anos, cando comezou a escribir chistes para columnistas de prensa. Ao finalizar os estudios secundarios uniuse ao equipo do comediante Sid Caesar. De 1961 a 1964 traballou coma humorista en nightclubs, onde coñeceu a Charles F. Feldman, que o contratou para escribir o guión de ¿Qué tal, Pussycat? (1965)
Casino Royale (1967) e sobre todo Toma el dinero y corre (1969) cimentaron o seu éxito coma actor cómico, e posteriormente coma guionista e director películas coma Bananas (1971), El dormilón (1973) ou La última noche de Boris Grushenko (1975).
Con Annie Hall (1977) obtén 4 Oscars, marcando o cambio dos seus inicios con películas mais humorísticas a temáticas mais sociais e críticas, pero sen abandonar de todo ese ton de comedia: Manhattan (1979), Hannah y sus hermanas (1986), Delitos y faltas (1989), Maridos y mujeres (1992), Desmontando a Harry (1997), Granujas de medio pelo (2000), Match Point (2005) ou Medianoche en París (2011).
CRÍTICAS
“Allen desprega
unha narrativa coral que grazas aos seus xiros surrealistas termina parecendo
un cóctel dos seus contos (…) que de tanto en tanto recompensa ao público cunha
idea xenial” (Manuel Yáñez Murillo, Fotogramas)
“O director volve a acreditar a súa natureza de mestre do conto portátil
(…) Allen combina interesantes ideas narrativas (…) con tonificantes desvíos
cara ao delirio”
(Jordi Costa, El País)
“Aínda que a película se dilata na súa parte final, Allen introduce algúns
gags e diálogos impagables que seducirán ao espectador”
(Lluis Bonet Mojica, La Vanguardia)
Se che gustou, recomendámosche tamén: Vacaciones en Roma (William Wyler, 1953) ou Paris je t’aime (Varios, 2006)
No hay comentarios:
Publicar un comentario