lunes, 1 de febrero de 2016

"Nadie quiere la noche" - 5 de febreiro

Nadie quiere la noche
Data proxección: 05/02/2016
Horario: 20:00 e 22:30
Duración: 118'
Lugar: Auditorio municipal de Carballiño
Ano: 2015 - País: España - Francia - Bulgaria


SINOPSE
Josephine, unha muller rica e culta, inicia unha expedición ao Polo Norte para reunirse co seu marido, o explorador Robert Peary. Durante a súa viaxe, atópase cunha humilde muller esquimó. A pesares das numerosas diferenzas culturais e persoais, ambas terán que unirse para poder sobrevivir ás duras condicións climáticas da tundra.

FICHA TÉCNICA
Dirección: Isabel Coixet Guión: Miguel Barros
Produción: Jaume Roures Dirección de Fotografía: Jean-Claude Larrieu Deseño de Produción: Alain Bainée
Montaxe: Elena Ruiz Música: Lucas Vidal

FICHA  ARTÍSTICA
Juliette Binoche - Rinko Kikuchi - Gabriel Byrne - Matt Salinger - 
Velizar Binev - Ciro Miró - Reed Brody - Alberto Jo Lee



A directora, Isabel Coixet (1960, Barcelona, España)

Estudou Historia Contemporánea na Universidade de Barcelona. Posteriormente traballou coma periodista na revista Fotogramas. A súa afección pola imaxe fixo que se acercara ao mundo do cine, onde comezou desempeñando diversas tarefas coma, e a publicidade, creando posteriormente unha produtora propia. Decidida a filmar a súa primeira película, trasladase aos Estados Unidos, onda roda Cosas que nunca te dije (1996).
Posteriormente roda outras películas, principalmente no estranxeiro e con gran participacin mí (2003), La ión internacional, incluíndo actores de Hollywood coma Tim Robbins,  Dennis Hopper ou Ben Kingsley. Entre as súas longametraxes atopamos: Mi vida svida secreta de las palabras (2005), Elegy (2008) ou Ayer no termina nunca (2013).
Comparte a súa faceta de directora de cine coa creación de spots para marcas coma Ford, Danone, British Telecom, BMW e un moi recordado para Evax, entre outras. Así mesmo tamén dirixiu videoclips para artistas, dende Alejandro Sanz ata Sexy Sadie, e encargouse da dirección dunha gala de entrega dos Premios Goya. 



CRÍTICAS

 “Sobrio exercicio de Isabel Coixet (…) Unha película de incuestionable beleza.” 
(Luís Martínez, El Mundo)
“Magnífico guión (…) Todo é claro e evidente, en boa medida, grazas a marabillosa actriz que é Juliette Binoche e á hipnótica fotografía de Larrieu.” 
(Salvador Llopart, La Vanguardia)
“Un poderoso, case conceptual, retrato de calidades femininas nas circunstancias máis adversas.”
(Andrea G. Bermejo, Cinemanía)



E a próxima sesión: District Zero  
(Jorge Fernández Mayoral, Pablo Tosco e Pablo Iraburu, 2015)

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Buscar neste blog

A miña lista de blogs

  • Programación abril 2024 - Sesións de ciclo dos mércores Sesións especiais [+] Sesións de filmoteca IX Ciclo Colexio de médicos Sobrevivimos ao inverno e a febreiro. Cando a escurid...
    Hace 3 semanas
  • Larga ausencia... - *Un servidor es plenamente consciente de la ingente cantidad de tiempo que hace que no se digna a actualizar este humilde blog... Ahora bien, siempre digo ...
    Hace 9 años
  • - Mois boas!! Rematamaos a tempada cun programa dobre..por iso ides ver ao final moitos mais cortes do habitual, jeje: son dous progrmas especias, adicados a...
    Hace 10 años