martes, 9 de febrero de 2016

DISTRICT ZERO: 12 DE FEBREIRO

DISTRICT ZERO
Data proxección: 12/02/2016
Horario: 20:00 e 22:30
Duración: 70'
Lugar: Auditorio municipal de Carballiño
Idioma: V.O.S.
Ano: 2015 - País: España

Zaatari, un campo de refugiados de Jordania en el que viven 80.000 personas


SINOPSE
Como todas as mañás, Maamun Al-Wadi abre a porta da súa tenda. É un diminuto contedor branco. Ao seu lado, outro contedor idéntico. E logo outro, e outro. O horizonte está formado por miles de contedores absolutamente iguais. Estamos nun dos campos de refuxiados máis grandes do mundo, Zaatari, en Xordania.
Na tenda de Maamun reparan móbiles, e nas súas tarxetas de memoria, os clientes gardan o seu pasado en Siria.

FICHA TÉCNICA
Dirección: Jorge Fernández Mayoral, Pablo Tosco e Pablo Iraburu - Guión: Jorge Fernández Mayoral, e Pablo Iraburu Produción: Arena Comunicación - Dirección de Fotografía: Jorge Fernández Mayoral e Pablo Tosco - Montaxe: Jorge Fernández Mayoral e Miguel García -Música: Jordi Savall

FICHA  ARTÍSTICA
(DOCUMENTAL)

Maamum Al-Wadi
Karim Rajab

Ligazóns de interese
 Páxina web oficial 
http://www.districtzero.org/
Entrevista aos directores http://www.medicosdelmundo.es/blogosfera/navarra/2016/01/07/hablamos-sobre-district-zero-con-sus-tres-directores/


OS DIRECTORES

PABLO IRABURU 
Fundador de Arena Comunicación Audiovisual. Leva máis de 20 anos dedicado á produción de documentais, o que o levou a rodar por todo o mundo. A súa primeira longametraxe como produtor, codirector e coguionista foi Nömadak Tx, rodada en Laponia, India, Mongolia e norte de África, e premiada en San Sebastián. Aparte da súa faceta de documentalista, Iraburu produce audiovisuais para diversos museos -como o Museo Arqueolóxico Nacional-, programas de televisión -como o que narrou a expedición de Edurne Pasabán ao Everest-, e vídeos para ONGs e entidades sen ánimo de lucro - como Action Aid, Manos Unidas, Medicus Mundi, Naciones Unidas ou a Axencia Española de Cooperación Internacional-. É profesor de Documental na Universidade de Navarra.
JORGE FERNÁNDEZ MAYORAL 
Realizador e editor, leva nove anos dedicado á realización audiovisual. Traballou coma xefe técnico en Arena Comunicación dende 2004 a 2011, e dende entón colabora coa empresa e con outras produtoras como realizador freelance especializado en cine documental. Entre os seus proxectos máis destacados, atópase a longametraxe documental Nömadak Tx e os documentais To Shoot an Elephant, What about Columbus, Piztera e Nos quitaron todo. Recentemente traballou coma subdirector e realizador nos programas de televisión Yasuní, genocidio en la selva e Amazonas Clandestino, para a cadea Discovery Max.

PABLO TOSCO 
Fotoperiodista e realizador, dende 2004 documenta para Oxfam Intermón proxectos de cooperación, desenvolvemento e acción humanitaria en África, América Latina e Asia. Encargouse de documentar os proxectos educativos e de construción de paz en Angola, a vida nos campos de refuxiados sudaneses en Chad, o traballo das asociacións campesiñas de Marrocos, as vítimas do terremoto de Haití e Nepal, a crise alimentaria en Etiopía, a do ébola en Liberia e Sierra Leona, y recentemente, o conflito sirio, sobre o que publicou un libro en 2014 chamado Siria: La primavera marchita,  xunto a outros fotoperiodistas. Como realizador audiovisual, destacan as seguintes curtametraxes documentais nas que traballou como guionista e director de fotografía: Huellas que no callan (Colombia), Postales del otro lado de la guerra (Sudán del Sur), e Felipe Manterola, un fotógrafo rural (Bizkaia). 

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Buscar neste blog

A miña lista de blogs

  • Programación abril 2024 - Sesións de ciclo dos mércores Sesións especiais [+] Sesións de filmoteca IX Ciclo Colexio de médicos Sobrevivimos ao inverno e a febreiro. Cando a escurid...
    Hace 4 semanas
  • Larga ausencia... - *Un servidor es plenamente consciente de la ingente cantidad de tiempo que hace que no se digna a actualizar este humilde blog... Ahora bien, siempre digo ...
    Hace 9 años
  • - Mois boas!! Rematamaos a tempada cun programa dobre..por iso ides ver ao final moitos mais cortes do habitual, jeje: son dous progrmas especias, adicados a...
    Hace 10 años