martes, 26 de mayo de 2015

VENRES 29 DE MAIO DE 2015: A CICATRIZ BRANCA





VENRES 29 DE MAIO DE 2015: 
"A CICATRIZ BRANCA"

(GALICIA, 2012)
  92 MINUTOS
20:00 e 22:30 
(Idioma: Galego)
PREZO ENTRADAS: 3€
AUDITORIO MUNICIPAL DO CARBALLIÑO






SINOPSE:

Na primeira metade do século XX, milleiros de mulleres saíron soas de Galicia cara a América. Moitas delas eran ilegais, con papeis que falsificaban a súa idade e mesmo a súa identidade. Historias ordinarias como a de Merce, destinada a servir e, entre lusco e fusco, despedida. Sen lugar onde ir nin a quen acudir, Merce pasa tres días e tres noites encrequenada na Estación Constitución onde a súa vida entrenza coa de outras migrantes. Á par dun traballo na fábrica Mil8, Merce casa, asiste a clases de contabilidade nalgunha das Sociedades Galegas mais un bo día a norma esnaquiza por algo tan simple como prendarse dunha situación que aínda non é quen de nomear.

                                              
FICHA TECNICA
Dirección: Margarita Ledo Antón
Guión: Margarita Ledo Antón
Produción: Nós, Produtora Cinematográfica Galega, Haddok Films e CRTVG
Dirección de Fotografía: Pablo Cayuela Miguel
Montaxe: Ramiro Ledo Cordeiro
Música: Abe Rábade


               
FICHA ARTÍSTICA
Eva Veiga
Xavier Deive
Lino Braxe
Tamar Novás
Margarita Fernández
Mónica Camaño
Xoana Pintos
Clotilde Iglesias


A directora, Margarita Ledo Antón 
(Castro de Rei, Lugo, España, 1951)
Poeta e escritora, da súa novela Porta Blindada (Edicións Xerais, Vigo,1990) sae a personaxe masculina central do filme A cicatriz branca; investigadora e autora de obras sobre cinema autoral como Cine de fotógrafos (Gustavo Gili, Barcelona, 2005), Premio Espais d’Art Comtemporani; cineasta experimental en Illa (2009) ou en Cienfuegos, 1913 (2009); axitadora política e feminista, fai dialogar todo o que na historia ficou sen desenvolver nos seus documentarios Santa Liberdade (Galiza/Brasil/Venezuela, 2004) e en Liste, pronunciado Líster (Galiza,2005), para desenvolver proxectos académicos en torno ás pequenas cinematografías, as políticas da diversidade e os novos modos de consumo cultural. É catedrática de Comunicación Audiovisual da USC, numeraria da Real Academia Galega, preside e co-preside diferentes asociacións científicas locais e internacionais no eido das ciencias da comunicación, e coñeceu o exilio durante a ditadura franquista.


 “Hai moitas diferenzas entre a emigración da muller e do home. Unha das principais é que a emigración feminina nunca ten retorno, sobre todo se a muller non casa. A emigración para a muller é sempre unha expulsión. En que sentido? Había moitísimos casos nos que a muller tiña que marchar por mor dunha agresión sexual. Pola agresión en si mesma ou porque o agresor non podía ser acusado publicamente por cuestións sociais. Por exemplo, persoas vencelladas á Igrexa católica. Iso producía a expulsión da muller, era mandada fóra para que nunca se soubese nada. Despois, evidentemente, están os motivos económicos e de subsistencia que obrigan a emigrar. Nese caso, o retorno só se podería producir se era triunfante. E triunfante implicaba un marido. O triunfo que marcaba o regreso, en moitos casos, era simplemente estar casada, volver cun marido. En calquera caso, a emigración para a muller era unha viaxe ao abismo. E, en moitos casos, tamén se producían feitos como a incorporación da muller emigrada ás redes de trata, mesmo por parte de familiares. Ese caso concreto, esa incorporación ás redes de trata, é un fenómeno que seguimos en presente con outras emigracións. Tamén pasou no caso de Galicia.”
Margarita Ledo Antón

Buscar neste blog

A miña lista de blogs

  • Programación abril 2024 - Sesións de ciclo dos mércores Sesións especiais Sesións de filmoteca IX Ciclo Colexio de médicos Sobrevivimos ao inverno e a febreiro. Cando a escuridade ...
    Hace 1 día
  • Larga ausencia... - *Un servidor es plenamente consciente de la ingente cantidad de tiempo que hace que no se digna a actualizar este humilde blog... Ahora bien, siempre digo ...
    Hace 9 años
  • - Mois boas!! Rematamaos a tempada cun programa dobre..por iso ides ver ao final moitos mais cortes do habitual, jeje: son dous progrmas especias, adicados a...
    Hace 10 años