miércoles, 20 de mayo de 2015

TIMBUKTU + Memento Mori (Curtametraxe)


VENRES 22 DE MAIO DE 2015: 

"TIMBUKTU" + Memento Mori (Curtametraxe)


Título orixinal: 
Le chagrin des oiseaux
(MAURITANIA, 2014)

  100 MINUTOS
  20:00 e 22:30 
(Idioma: Español)
PREZO ENTRADAS:  3€ ESTUDANTES/PARADOS/XUBILADOS
5€ TRABALLADORES

AUDITORIO MUNICIPAL DO CARBALLIÑO



SINOPSE:
Ano 2012, a cidade maliense de Tombuctú caeu en mans de extremistas relixiosos. Kidane vive tranquilamente nas dunas coa súa esposa Satima, a súa filla Toya e Issam, un neno pastor de 12 anos. Pero na cidade os habitantes padecen o réxime de terror imposto polos xihadistas: prohibido escoitar música, reír, fumar e incluso xogar ao fútbol. As mulleres convertéronse en sombras que intentan resistir con dignidade. Cada día, uns tribunais islamistas improvisados lanzan sentenzas tan absurdas como tráxicas. O caos que reina en Tombuctú non parece afectar a Kidane ata o día en que accidentalmente mata a Amadou, un pescador que acabou coa vida da súa vaca favorita. Agora debe enfrontarse ás leis impostas polos ocupantes estranxeiros. 




FICHA TÉCNICA
Dirección: Abderrahmane Sissako
Guión: Abderrahmane Sissako e Kessen Tall
Produción: Etienne Comar e Sylvie Pialat
Deseño de Produción: Sebastian Birchler
Dirección de Fotografía: Sofiane El Fani
Montaxe: Nadia Ben Rachid
Música: Amin Bouhafa
               
FICHA  ARTÍSTICA
Abel Jafri
Hichem Yacoubi
Ketty Nöel
Mehdi A. G. Mohamed
Toulou Kiki
Ibrahim Ahmed
Layla Walet Mohamed
Fatoumata Diawara



Galardóns:
·   Premios Cesar: 7 premios, incluíndo Mellor Película e Director
·   Festival de Cannes: Premio Ecuménico do Xurado e Premio François Chalais (Abderrahmane Sissako)



O director, Abderrahmane Sissako 
(Kiffa, Mauritania, 1961)
Director, guionista e produtor nado en Mauritania, aínda que emigrado coa súa familia a temprana idade a Mali. Estudou cine en Moscova, no VGIK (Instituto Federal de Cine). Posteriormente, asentouse en Francia nos anos 90 do século pasado, onde desenvolve a súa carreira.

Tras participar no aspecto técnico de varias películas e dirixir algunhas curtametraxes, a súa opera prima é La vie sur terre (1998), coa que xa obtén varios premios en festivais internacionais. Éxito que repetiría con Waiting for Hapiness (2002), recibindo premios en Cannes e Xixón.
Ademais do seu traballo no mundo do cine, Abderrahmane Sissako traballa tamén coma consultor cultural do presidente de Mauritania Mohamed Ould Abdel Aziz.

MEMENTO MORI
Antes do filme proxectarase esta curtametraxe galega dirixida por Marisa Otero.
A directora virá presentala acompaña por parte do elenco de actores que participou nela.

Buscar neste blog

A miña lista de blogs

  • Programación abril 2024 - Sesións de ciclo dos mércores Sesións especiais [+] Sesións de filmoteca IX Ciclo Colexio de médicos Sobrevivimos ao inverno e a febreiro. Cando a escurid...
    Hace 4 semanas
  • Larga ausencia... - *Un servidor es plenamente consciente de la ingente cantidad de tiempo que hace que no se digna a actualizar este humilde blog... Ahora bien, siempre digo ...
    Hace 9 años
  • - Mois boas!! Rematamaos a tempada cun programa dobre..por iso ides ver ao final moitos mais cortes do habitual, jeje: son dous progrmas especias, adicados a...
    Hace 10 años