MARATON DE CINE EN CARBALLIÑO
VENRES 30 DE MAIO
Das 18:00 ás 04:00
Auditorio Municipal de Carballiño
Abdul, o protagonista, é un neno de 15 anos que vive en Galicia e que decide viaxar á súa terra despois de 4 anos residindo en Europa. O seu pai dálle un libro, Historia da Etiopía escrito en portugués hai 400 anos polo frade castelán Pedro Páez.
Este documental trata de recordar, e homenaxear, os homes e mulleres que desempeñaron o antigo oficio de fareiros, a punto de extinguirse pola aparición de novos sistemas de navegación: do faro-sinal visual, alimentado por lámpadas de petróleo, pasouse ao faro eléctrico como soporte/axuda á navegación e despois ao GPS e outros sistemas inarámicos. Os homes e as mulleres que se adicaron a este oficio tradicional, cuxa intervención era indispensable ao principio, foron substituídos, paulatinamente, por sistemas automáticos.