torreiros
(2013)
Tódolos públicos
73 MINUTOS
VENRES 9 DE MAIO
20:00 horas E 23:00 horas
BONO MENSUAL: 5€ ESTUDANTES/ PARADOS/XUBILADOS OU 10€ TRABALLADORES
ENTRADA INDIVIDUAL: 2,5€ ESTUDANTES/PARADOS/XUBILADOS E 5€ TRABALLADORES
BONO DE 5 PELICULAS: 10€ ESTUDANTES/PARADOS/XUBILADOS E 20€ TRABALLADORES
AUDITORIO MUNICIPAL DE O CARBALLIÑO
SINOPSE
Este documental trata de recordar, e homenaxear, os homes e mulleres que desempeñaron o antigo oficio de fareiros, a punto de extinguirse pola aparición de novos sistemas de navegación: do faro-sinal visual, alimentado por lámpadas de petróleo, pasouse ao faro eléctrico como soporte/axuda á navegación e despois ao GPS e outros sistemas inarámicos. Os homes e as mulleres que se adicaron a este oficio tradicional, cuxa intervención era indispensable ao principio, foron substituídos, paulatinamente, por sistemas automáticos.
Nunha viaxe por terra e mar aos faros máis representativos de Galiza, daremos voz aos últimos torreiros en activo. Este percorrido polos faros galegos servirá tamén para poñer en valor o patrimonio arquitectónico, que ten a súa identidade construtiva, e que rematou por definir unhas paisaxes físicas de gran valor ecolóxico e turístico.
FICHA TÉCNICA
Dirección: Pablo Ces
Guión: Pablo Ces
Dirección de Fotografía: Pepe Brey
Montaxe: Pablo Ces
Produción Musical: Luís Varela
País: España
Idioma: Galego
http://www.torreiros.com/
http://www.torreiros.com/
FICHA ARTÍSTICA
Narración: Luís Iglesia
“Tecnicamente, loxicamente xa non fai falta un fareiro nas formas que houbo antes. Pero dende o punto de vista de que haxa alguén que conserve o patrimonio histórico e cultural tan bonito que temos, que alí vivan os torreiros ou os fareiros – como se lles queira chamar- evítase o vandalismo e que se destrúan os faros, porque polo feito de vivir alí xa os coidan. E ó mesmo tempo pode levar a asistencia técnica do mesmo, como antigamente. E xa só por isto, vale a pena.”
Pablo Ces
E a próxima sesión: Música e cine con Celina Tavares
No hay comentarios:
Publicar un comentario