miércoles, 2 de abril de 2014

VENRES 4: LA VENUS DE LAS PIELES

LA VENUS DE LAS PIELES


NON RECOMENDADA PARA MENORES DE16 ANOS 

96 MINUTOS

  VENRES 4 DE ABRIL

  2O:00 horas E 23:00 horas


BONO MENSUAL: 5€ ESTUDANTES/ PARADOS/XUBILADOS OU 10€ TRABALLADORES
 ENTRADA INDIVIDUAL: 2,5€ ESTUDANTES/PARADOS/XUBILADOS E 5€ TRABALLADORES
BONO DE 5 PELICULAS: 10€ ESTUDANTES/PARADOS/XUBILADOS E 20€ TRABALLADORES

AUDITORIO MUNICIPAL DE O CARBALLIÑO

SINOPSE

Despois dun día de audicións a actrices para a obra que vai presentar, Thomas laméntase da mediocridade das candidatas; ningunha ten a talla necesaria para  o papel principal. Nese momento chega Vanda, un bulebule de enerxía que encarna todo o que Thomas detesta: é vulgar, atolondrada e non retrocedería ante nada para obter o papel.

Pero cando Thomas a deixa probar sorte, queda perplexo e cativado pola metamorfose que experimenta a muller: comprende perfectamente o personaxe e coñece o guión de memoria.

 

 

 

Galardóns/Nominacións

Premios César: Mejor director. 7 nominacións, incluindo Mellor película






CRÍTICAS REVISTAS


REPARTO ARTÍSTICO 
(Click no nome da actriz/actor para máis info)
Mathieu Amalric, Emmanuelle Seigner

FICHA TÉCNICA

 

Director: Roman Polanski


Guión: Roman Polanski e David Ives (Teatro: David Ives)


Fotografía: Pawel Edelman

Música: Alexandre Desplat

O DIRECTOR

Roman Polanski

(París, Francia, 1933)
Nado en París, retorna á terra dos seus pais, Polonia, dous anos antes do comezo da segunda guerra mundial. Polanski fuxe do gueto e sobrevive vagando por Polonia vivindo con diferentes familias.
Así entra en contacto có mundo do cine tamén, e no ano 1950 comeza a súa carreira como actor, antes de entrar a estudar na Escola de Cine de Lodz. Xa nas súas primeiras curtas mostra o seu gusto polo humor negro e o seu interese polas relacións humanas peculiares.
A súa primeira longametraxe, El cuchillo en el agua (1962), é a primeira película polaca dende a guerra que non trata ese tema. Marcha de Polonia a Francia e logo a Inglaterra, onda roda Repulsión (1965) e Callejón sin salida (1966), gañadoras, respectivamente, do Oso de prata e ouro do Festival de Cine de Berlín.
Continúa unha exitosa carreira, nos Estados Unidos e en Europa, con películas como La semilla del diablo, Chinatown, El baile de los vampiros, Tess ou La muerte y la doncella. No ano 2003 gaña o Oscar ó mellor director por El pianista.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Buscar neste blog

A miña lista de blogs

  • Programación abril 2024 - Sesións de ciclo dos mércores Sesións especiais Sesións de filmoteca IX Ciclo Colexio de médicos Sobrevivimos ao inverno e a febreiro. Cando a escuridade ...
    Hace 1 día
  • Larga ausencia... - *Un servidor es plenamente consciente de la ingente cantidad de tiempo que hace que no se digna a actualizar este humilde blog... Ahora bien, siempre digo ...
    Hace 9 años
  • - Mois boas!! Rematamaos a tempada cun programa dobre..por iso ides ver ao final moitos mais cortes do habitual, jeje: son dous progrmas especias, adicados a...
    Hace 10 años