miércoles, 2 de abril de 2014

PROGRAMACIÓN ABRIL 2014

PROGRAMACIÓN ABRIL 2014

Coma pretendemos convertir en costume, esta é a entrada coa información de tódalas pelis do mes e dos bonos que tedes á vosa disposición. Se es novo por estes lares comentarche que prácticamente tódolos venres de cada mes, a excepción dalgún no que o Auditorio pode estar ocupado con outra actividade desde finais de setembro a finais de xuño proxectamos unha película. Para poder ver ditos filmes hai varias maneiras que procedemos a describir. Ti podes escoller a que máis che conveña:
  • Pagamento de unha sóa cuota anual por 60€ coa cal tes dereito a tódalas* películas que botemos durante a tempada. Isto compénsalle tan só os traballadores. Este tipo de bono é intransferible.
  • Pagamento de unha cuota mensual de 5€ se es estudante (E), parado (P) ou xubilado (X) ou 10€ se es traballador (T). Así terás dereito ao visionado de tódalas* películas que proxectemos ese mes. Este tipo de bono é intransferible.
  • Pagamento de unha única entrada por 2,5€ para E,P ou X ou por 5€ para T.
  • NOVIDADE!!! Este ano incluímos a posibilidade de poder mercar bonos de películas, isto é que podes mercar un bono de catro películas xuntas (a usar nos filmes que desexes) e agasallámoste cunha quinta película totalmente de balde! O custo destes bonos son de 10€ para E,P ou X ou 20€ para T.* Este bono é completamente transferible e incluso o podedes mercar entre varios e así aforrar. Por exemplo, un grupo de 5 amigos pode mercar un bono e gastalo no mesmo filme ou unha persoa o pode mercar e regalarllo a outra.
* O bono non inclue peliculas que se proxecten dentro de algún posible ciclo de varios días.
 As películas deste mes de Xaneiro son as seguintes.

OH BOY (VOSE) (Venres 11)
TURBO (Sábado 12 e Domingo 13)
STOCKHOLM (Venres 25)
LA VENUS DE LAS PIELES (Venres 4)

Despois dun día de audicións a actrices para a obra que vai presentar, Thomas laméntase da mediocridade das candidatas; ningunha ten a talla necesaria para  o papel principal. Nese momento chega Vanda, un bulebule de enerxía que encarna todo o que Thomas detesta: é vulgar, atolondrada e non retrocedería ante nada para obter o papel.

Pero cando Thomas a deixa probar sorte, queda perplexo e cativado pola metamorfose que experimenta a muller: comprende perfectamente o personaxe e coñece o guión de memoria.




OH BOY (VENRES 11)

Niko (Tom Schilling) é un xoven vinteañeiro que abandona a universidade e acaba vagando polas rúas de Berlín. Celebrada ópera prima, en branco e negro, que trata sobre o desexo de participar na vida e a dificultade para atopar un lugar no mundo.

 



TURBO (SÁBADO 12 e DOMINGO 13)

Turbo é un caracol cun sono: converterse no caracol máis veloz do mundo. Cando un extraño accidente otórgalle super - velocidade, Turbo intentará cumplir o seu sono. O primeiro paso será conseguir amigos que o axuden a chegar a ser o mellor e, así, aprender que ninguén chega a ter éxito sen axuda dos demáis. O mesmo tempo que vai axudando os seus amigos a cumprir os seus sonos de grandeza, el cumplirá o seu: gañar as 500 millas de Indianápolis





STOCKHOLM (VENRES 25)

Unha noite, nunha discoteca, ves a unha moza, enamóraste fulminantemente e decláraste. Inda que non che fai moito caso, pasas con ela o resto da noite e durmides xuntos. ¿Qué ocurriría se, o día seguinte, non fora a rapaza que parecía ser?

Unha noite, nunha discoteca, acércase o típico mozo que che di que se acaba de namorar de ti. Non lle fas caso, pero logo comprobas que non é o típico plasta, é simpático, encantador e realmente acábase de namorar de ti, así que pasas a noite con el. ¿Qué ocurriría se o día seguinte non fora en absoluto o rapaz que parecía ser?

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Buscar neste blog

A miña lista de blogs

  • Programación abril 2024 - Sesións de ciclo dos mércores Sesións especiais [+] Sesións de filmoteca IX Ciclo Colexio de médicos Sobrevivimos ao inverno e a febreiro. Cando a escurid...
    Hace 3 semanas
  • Larga ausencia... - *Un servidor es plenamente consciente de la ingente cantidad de tiempo que hace que no se digna a actualizar este humilde blog... Ahora bien, siempre digo ...
    Hace 9 años
  • - Mois boas!! Rematamaos a tempada cun programa dobre..por iso ides ver ao final moitos mais cortes do habitual, jeje: son dous progrmas especias, adicados a...
    Hace 10 años