domingo, 5 de enero de 2014

Horarios, prezos e bonos

Xa que cada día nos están seguindo máis persoas en Facebook, creamos esta entrada coa intención de que todas elas estean ó corrente dos horarios das proxeccións semanais e dos prezos das distintas variedades á hora de mercar entradas para as sesións e poder disfrutar das actividades do Cineclube Carballiño.

As proxeccións das dúas sesións semanais teñen lugar cada venres as 20:00 e as 23:00.

Dámosche a benvida unha tempada máis ao noso blog. Seguíndoo poderás estar ó dia das películas que vaiamos a proxectar no Auditorio Municipal de Carballiño. Se es novo por estes lares comentarche que prácticamente tódolos venres de cada mes, a excepción dalgún no que o Auditorio pode estar ocupado con outra actividade desde finais de setembro a finais de xuño proxectamos unha película. Para poder ver ditos filmes hai varias maneiras que procedemos a describir. Ti podes escoller a que máis che conveña:
  • Pagamento de unha sóa cuota anual por 60€ coa cal tes dereito a tódalas* películas que exhibamos durante a tempada. Isto compénsalle tan só os traballadores. Este tipo de bono é intransferible.
  • Pagamento de unha cuota mensual de 5€ se es estudante (E), parado (P) ou xubilado (X) ou 10€ se es traballador (T). Así terás dereito ao visionado de tódalas* películas que proxectemos ese mes. Este tipo de bono é intransferible.
  • Pagamento de unha única entrada por 2,5€ para E,P ou X ou por 5€ para T.
  • NOVIDADE!!! Este ano incluímos a posibilidade de poder mercar bonos de películas, isto é que podes mercar un bono de catro películas xuntas (a usar nos filmes que desexes) e agasallámoste cunha quinta película totalmente de balde! O custo destes bonos son de 10€ para E,P ou X ou 20€ para T.* Este bono é completamente transferible e incluso o podedes mercar entre varios e así aforrar. Por exemplo, un grupo de 5 amigos pode mercar un bono e gastalo no mesmo filme ou unha persoa o pode mercar e regalarllo a outra.
* O bono non inclue peliculas que se proxecten dentro de algún posible ciclo de varios días.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Buscar neste blog

A miña lista de blogs

  • Marxes fílmicas: Irán - O cine feito en Irán sobrevive con orgullo desde hai case un século a unha sucesión continua de avatares políticos, conflitos bélicos e xeitos de censura...
    Hace 1 día
  • Larga ausencia... - *Un servidor es plenamente consciente de la ingente cantidad de tiempo que hace que no se digna a actualizar este humilde blog... Ahora bien, siempre digo ...
    Hace 2 años
  • - Mois boas!! Rematamaos a tempada cun programa dobre..por iso ides ver ao final moitos mais cortes do habitual, jeje: son dous progrmas especias, adicados a...
    Hace 3 años