lunes, 23 de diciembre de 2013

TAN LONXE, TAN CERCA

CICLO DE NADAL: TAN LONXE, TAN CERCA


Este Nadal queremos agasallarvos con 4 películas traídas de 4 continentes diferentes.

Esperamos que vos gusten todas elas e que pasedes un moi bo rato cando as vexades. O mundo está cheo de diferentes formas de ver a vida e estas películas son unha boa mostra diso. Canta máis diversidade cultural teñamos, mellor comprenderemos a quen nos rodea.

¡BO NADAL A TOD@S!


(O prezo das películas é coma calquera película dos venres, 5 ou 2,5€, agás a de "Central do Brasil" que é de balde grazas á cesión feita pola embaixada de Brasil en España)

(Ademais, estes filmes están incluidos nos bonos que temos á vosa disposición)


(Máis abaixo están as sinopses e os tráilers dos filmes.)









ANIMAL KINGDOM
(Xoves 26 ás 23:00. Venres 27 ás 20:00. Auditorio Municipal de Carballiño)
SINOPSE


Trala morte da súa nai, Joshua ten que trasladarse a vivir á casa da súa avoa, que vive en Melbourne con 3 fillos, todos implicados en negocios ilegais.

Inevitablemente, o rapaz verase envolto nos turbios asuntos dos seus tíos, sobre todo cando se produza un enfrontamento entre os familiares e as autoridades locais, iniciando unha espiral de violencia.





CONFESSIONS


(Xoves 26 ás 20:00. Venres 27 ás 23:00. Auditorio Municipal de Carballiño)
SINOPSE


Nun instituto, no derradeiro día de clases, unha profesora despídese dos seus alumnos, e ademais de deixar a escola, confésalles que a súa filla de catro anos, que aparentemente morrera afogada accidentalmente na piscina da escola, foi en realidade asasinada por dous estudantes desa mesma clase. Tamén lles fai saber que xa puxo en marcha a súa vinganza contra eles.




CAIRO 678


(Sábado 28 ás 20:00. Domingo 29 ás 23:00. Casa da Cultura de Carballiño)
SINOPSE



Baseada en feitos reais. Tres mulleres exipcias, que sufriron acoso sexual sen poder facer nada ao respecto, chegan á conclusión de que teñen que defenderse polos seus propios medios. Cando unha delas lle crava un coitelo na ingua a un dos seus acosadores, convértese nunha heroína que esperta ao mesmo tempo admiración e receo en todo o país.





ESTACIÓN CENTRAL DO BRASIL


(Sábado 28 ás 23:00. Domingo 29 ás 20:00. Casa da Cultura de Carballiño)
SINOPSE

Nos abafantes corredores da Estación Central, en Río de Xaneiro, Dora, unha antiga mestra gáñase a vida escribindo cartas que lle ditan os analfabetos. Endurecida pola adversidade, foi caendo nunha estoica indiferenza. Porén, cando unha das súas clientas morre atropelada á saída da estación, decide facerse cargo do seu fillo e levalo á casa do seu pai, nunha remota zona do nordeste do Brasil.





No hay comentarios:

Publicar un comentario

Buscar neste blog

A miña lista de blogs

  • Programación abril 2024 - Sesións de ciclo dos mércores Sesións especiais [+] Sesións de filmoteca IX Ciclo Colexio de médicos Sobrevivimos ao inverno e a febreiro. Cando a escurid...
    Hace 4 semanas
  • Larga ausencia... - *Un servidor es plenamente consciente de la ingente cantidad de tiempo que hace que no se digna a actualizar este humilde blog... Ahora bien, siempre digo ...
    Hace 9 años
  • - Mois boas!! Rematamaos a tempada cun programa dobre..por iso ides ver ao final moitos mais cortes do habitual, jeje: son dous progrmas especias, adicados a...
    Hace 10 años